Perdoade pola extensión.

Fran Dieguez escribiu:
> 
> Sinceramente creo que no canto de montar plataforma grandiosas e
> venderlle cousas á prensa habería que traballar máis no capital humano e
> nas relacións persoais. Non só pola xente que se queira unir senón tamén
> pola xente que colaboramos dende hai algún tempo que en certa medida
> queremos ver avances en positivo. Por unha banda estase a xogar en
> moitas ocasións coa paixón e acción desinteresada de moitas persoas, e
> por outra banda estase xogando coa posición dunha lingua que pertence a
> toda persoa que a fala, sexa dunha ideoloxía ou de outra, viva aquí ou fora.
> 

Uns antecedentes:

- Xa no ano 2006, varias persoas de Trasno defendían nesta mesma rolda 
de mancomún, insistentamente, a necesidade de centralizar todo en 
Trasno. Defendían o xeito de facer as cousas deste colectivo, agora 
asociación.

- Tamén nos comezos desta rolda, non lembro cando nin por quen, recibín 
unha resposta de alguén de Trasno criticando que a CIF debería adaptarse 
ao xeito de facer as cousas de Trasno.

- Cando o evento g11n que organizou mancomún en Compostela, daquela a 
miña intervención, en nome da CIF, foi a de advertir do perigo que tiña 
a concentración en mancomún; a reacción da directora xeral foi de 
lanzarse ao meu pescozo. Defendiamos certo grao de dispersión, para 
evitar precisamente o que está a pasar agora co desmantelamento de mancomún.

O anterior ven ao seguinte: hai moitas maneiras de facer as cousas, e o 
xeito de Trasno, fundamental para a nosa lingua, é un dos mellores. 
Porén, ten deficiencias, como é o caso da publicidade (e o que elo 
conleva respecto de captación de xente nova), e que semella apto so para 
xente iniciada. Na CIF, coa nosa humilde aportación, cremos nun sistema 
máis público, máis directo, apto para xente con coñecementos limitados 
en informática.

Hai algún problema en que poidan convivir os distintos xeitos de facer 
as cousas? É negativo que, estando no mesmo barco, vaiamos en distintos 
camarotes? Na CIF cremos que os dous sistemas son plenamente compatibeis 
sen que ninguén teña que renunciar a actuar como se sinte mais cómodo.

Cando fai moitos meses Trasno se puxo en contacto coa CIF para falarmos 
dunha posibel integración, a nosa resposta foi de axudar, que para botar 
unha man no que plantexaban non era preciso que trasno asumise as liñas 
da CIF. Porén, aceptamos comezar un dialogo. Lembro que pasei copia dos 
nosos estatutos por se servía de algo, e explicaba os pasos a dar para 
constituirse en asociación, para que se vexe que era doado e que trasno 
non precisaba integrarse na CIF. Vamos, que a CIF valora positivamente a 
Trasno, e non paga a pena que nos liemos a bofetadas.

Esta historia de g11n naceu pola visión que algunha xente tivemos, 
nomeadamente na ciberirmandade, de que o mundo da tradución non 
reaccionaba ante o que para os nosos ollos era evidente, o 
desmantelamento de mancomún.

A maiores do que saiu na prensa, eu tiven conversas directas coa 
Secretaria Xeral (directamente sobre mancomún) e co Director Xeral da 
Función Pública (relativo ao software libre na administración).

Co que sabía, comezamos a facer ruido ante o evidente peche. Finalmente 
non foi un peche, pero si unha morte longa por inanición (vamos, un 
futuro blog e pouco mais).

Sorprendeunos a falla de reacción (agás a carta certificada dos guls). O 
momento de facer ruido foi antes do verán. Á volta, xustificouse que si 
houbo reacción, materializado na creación da asociación de trasno (inda 
que ben sei que eso era un proxecto anterior).

A situación, o inmobilismo, o medo a volver aos tempos do terruño (cada 
quen na sua leira), levounos a ofrecer colaboración (nomeadamente 
financiación) para montar un conxunto de ferramentas postas a 
disposición da comunidade, individuos ou colectivos, no que a 
ciberirmandade tería únicamente o rol de "pagador", pero non de propietario.

A reacción foi sorprendentemente negativa.

Xa en contacto con Suso, tivemos as famosas duas xuntanzas, en Cangas e 
en Compostela. Convidamos a asistir a quen quixer, e de trasno non 
apareceu ninguén. Así que tiramos para adiante co proxecto, sempre coa 
idea de montar un conxunto de ferramentas a disposición da xente, na que 
ninguén tivese o mando. É o que chamamos g11n.net e como podes 
comprobar, na parte mais pública ten so uns foros de debate para marcar 
as liñas a seguir. Vamos, que a discusión está aberta ainda.



> Eu non creo que sexa beneficioso crear un ente que coordine senón un
> "ente" que proporcione servizos. E neste senso hai moito que andar xa
> que a día de hoxe non hai metodoloxías de traballo, non hai comunidade
> cohesionada, non hai sentimento de confianza, non hai recursos
> lingüísticos que nos axuden e polo momento ( e non son
> o único que o pensa ) non se está a traballar dende o principio coa
> opinión de todos.
> 

Eu tampouco creo na creación dun ente absoluto. A idea inicial dese 
"ente" era exclusivamente fornecer recursos aos demais. E digo idea 
inicial porque, insisto, será o que a xente quera que sexa.

Eu sintome comodo coas ferramentas de tradución en liña e coa 
comunicación via foros. Outros prefiren a tradución de arquivos fora de 
liña e comunicación mediante roldas de distribución. E porque non 
fornecer eses recursos, a cada quen o que quera empregar. Hai algún 
problema en que convivan os dous sistemas? A min, dende logo, ninguén me 
vai impoñer o "correcto".

Dende trasno reclamase que, como traductores que levan unha chea de anos 
e traballo detrás, marcar as liñas, coordinar os proxectos.. E algunha 
xente, eu entre eles, digo que non son maneiras.

Falase moito da asociación, creada para servir de paraugas, e na que 
calquera pode "integrarse". Dunha banda dicir que eu non me integro; eu 
unome. Mais tamén quero dicir que esa asociación non foi lanzada 
mediante un proceso aberto. Eu non fun convidado a participar na sua 
xestación, ninguén tivo aceso aos seus estatutos antes do día D. E ao 
tempo, criticase que g11n foi cocido entre dous amiguetes. Esta é a 
historia da palla no ollo.

> 1) Vexo necesario poñer as cartas sobre a mesa, isto é, mediante unha
> xuntanza das principais asociacións que levan traballando (CIF, Trasno,
> ...) e por outra banda toda canta persoa independente queira participar.
> Con tempo suficiente para que cada quen leve pensado o que
> quere dicir e en que rumbo quere que vaian as cousas.
> 

Por duas veces convidouse á xente a participar en respectivas xuntanzas 
físicas, unha en Cangas, outra en Compostela. Non había orde do día, non 
había unha liña programática marcada.

A reacción, por contra, foi de entorpecer o proxecto.

Ninguén dos que estamos detrás de g11n falou nunca de "facerse co 
mercado", ou crear unha asociación, ou impedir a ninguén. Xustamente o 
contrario: poñer en marcha un conxunto de ferramentas para ser 
utilizadas, libremente, por individuos/colectivos que as quisexen utilizar.

Un mal exemplo: cando fai tempo un compañeiro de trasno quixo empregar o 
entrans da CIF para meter aí a tradución do joomla, ninguén da 
ciberirmandade esixiu o mais mínimo dereito, ou crédito, sobre o 
traballo feito. Esto é, que se alguén fai uso da plataforma de tradución 
en liña que se monte, ninguén vai ter obriga algunha de que nela apareza 
"traducido por g11n", senon que porá o que considere.


> 2) Vexo de recibo non entrar no xogo de xornalistas. E
> menos que publiquen algo antes de que non ollara o entrevistado nin que
> fira sensibilidades.
> 

Pola miña vida real, estou farto de enviar comunicados de prensa. Tamén 
estou farto de falar en roldas de prensa, ou ante a radio e/ou televisión.

Non coñezo nin un so periodista que che presente o que vai publicar 
antes de facelo. Eso é imposibel. Eles fan o seu traballo de recopilar 
dados, de facer preguntas e despois, coa idea que sacan do asunto 
(evidentemente condicionada polo seu coñecemento na materia), e tamén 
baixo os condicionantes que se marque (ou lle marquen), fai unha redacción.

Nunca un periodista che vai presentar o seu traballo para que lle deas o 
visto e prace.

Non tivestedes experiencias similares de entrevistas que despois non 
saen como vosoutros pensabades? Eu podería contarvos algunhas de 
primeira man. Inclusive algunha auténtica burrada.


> 3) Cambiar a dinámica de protesta, no canto de xogar á guerra de máximos
> e queixarse de que o goberno non vaia a apoiar o que hai montado (que
> sabemos que posiblemente non o fagan) xoguemos con eles á guerra de
> mínimos se non apoias "a totalidade do proxecto", apoia proxectos máis
> pequenos que nos axuden a nós na nosa tarefa diaria (na que si vamos a
> apoiar o SwC) e nos que á larga fágalles ver que si que poden contar coa
> comunidade. Porque a día de hoxe estamos dando un espectáculo de
> protesta e de confrontación, no canto de pedir conferencia con eles
> directamente e proporlle solucións ao conflito.
> 

Eu non lle teño ningunha confianza aos actuais gobernantes. Coñezo os 
orzamentos que manexa a xunta para o 2010. Coñezo en primeira man unhas 
cantes puñaladas á nosa lingua. Falei en persoa con varios dirixentes da 
Xunta. Coñezo moitas das manobras que se produciron na fundación 
calidade, cesga e consellaría, non so relativo ao SwL, senon en xeral á 
I+D+i. E non confio para nada nestes dirixentes políticos.

Teño certeza de que van deixar morrer isto de fame, e por iso cumpria 
reaccionar a tempo.



> 
> En Trasno (perdón ao presidente por falar en nome de) estamos
> organizando grupos de traballo que poidan colaborar en TODO canto
> proxecto haxa orfo por motivo do futuro parón de Mancomún. Presionando a
> amigos, e persoas que cremos que poden ser de valor, para que se unan e
> que logo dun período de formación se sumen a ditos proxectos. Pero
> certamente se cada día temos que ollar espectáculos coma este  a xente
> non vai continuar. Primeiro temos que facer os planos da casa, logo xa
> montaremos os cimentos e demais.
> 

Pois ogallá o consigades. Pareceme moi ben que trasno se convirtise 
nunha asociación. Desexo o maior do éxito (que finalmente, será en 
beneficio de todos e todas).

Pero hai outras maneiras de facer as cousas. Xa dixen ao comezo que as 
maneiras de trasno, co seu inmenso froito, ten eivas, e que hai xente 
que vemos que se pode seguir por outro camiño. Falaba nomeadamente das 
ferramentas de tradución en liña e dos foros/roldas.

Para a CIF, os foros, mais visibeis, facilitan a incorporación de xente, 
o coñecemento dos proxectos.

Acaso cada quen non pode seguir organizandose como considere? E non 
podemos cada quen facer uso das ferramentas coas que nos sintamos mais 
cómodos?

Eu penso que si, que hai campo para todos, que precisamos expertos 
informáticos, filólogos, traductores,.. pero tamén precisamos eco 
público, participación de xente non experta en informática, ..

O mais cómodo sería que trasno seguise pola sua conta, os 
individualistas idem, e a CIF tamén. Mais a esto, que segue a ser 
válido, podemos sumarlle unha plataforma, un conxunto de ferramentas, 
postas a disposición de uns e outros, e nas que a dirección non estea na 
man de ninguén, senon de todos e todas. É esto unha burrada ou un 
imposíbel? Penso que non.


> Verei o que fago nos vindeiros días pero a cousa pinta moi mal (reitero
> para min e para moitas máis persoas coas que teño contacto). Agora
> comezo a entender que a xente se canse.
> 


Se nas pasadas semanas convidouse a participar na discusión a quen 
quixo, e os presentes marcamos unhas liñas, o que temos agora é posto en 
marcha un par de máquinas cun conxunto de ferramentas en funcionamento, 
pero que na parte pública tan so está un foro de debate para, entre 
quenes queran participar na discusión, tomar as decisións.

Todos e todas, asistisen antes ou non ás xuntanzas, están convidados a 
participar (a participar non no proxecto de Suso Baleato, nin no 
proxecto da ciberirmandade, a participar nun proxecto común a todos e 
todas e que permita que cada quen poida seguir actuando ao seu xeito).

Eu vou seguir para adiante nesta idea de montar unha estructura que 
ofreza ferramentas aptas para distintas maneiras de actuar e dirixida a 
quen as queira utilizar (individuos ou colectivos). E quen queira 
co-dirixir e co-participar no proxecto, sen obrigarme a min a renunciar 
ao que mais cómodo me resulta, benvido.



-- 
---
      Saúde.
......................................................................
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
......................................................................

Responderlle a