Ola,
Desde a miña ignorancia informática, véxolle dous problemas ao uso de
VIDEOFLUXO (e AUDIOFLUXO, cando correspondese):

1) Paréceme unha denominación pouco transparente para quen non saiba
previamente que é un equivalente de "streaming".

2) Crearíanos problemas á hora de intentar aplicar esa solución en contextos
en que "streaming" se vén empregando de forma xenérica, sen concretalo con
"audio" ou "video". Un exemplo:
Nunha frase como 'O Streaming é unha ferramenta sumamente atractiva para
calquera proxecto web' de que forma suplantariamos o anglicismo? O coherente
sería 'O fluxo é unha ferramenta...', pero non parece moi aproveitable,
salvo que o completásemos con algún elemento, como por exemplo 'A
transmisión en fluxo é unha ferramenta...'

Hai outras alternativas que calcan de forma máis ou menos directa o inglés
"stream" que poden evitar este segundo problema:
- FLUXO DE VÍDEO/AUDIO (xa comentado), que poderiamos xeneralizar como
TRANSMISIÓN EN FLUXO.
- TRANSMISIÓN EN SECUENCIA (recomendada no Glosario de Windows), que se
podería concretar como VIDEOTRANSMISIÓN EN SECUENCIA ou AUDIOTRANSMISIÓN EN
SECUENCIA.

Pero en boa medida, a cuestión da falta de transparencia segue estando aí; e
por riba vemos que son formas bastante máis longas ca o "streaming"
orixinal.

Por iso, déixovos para o debate unha outra alternativa: se o elemento
central do concepto "streaming" é que os ficheiros poden comezar a
reproducirse sen necesidade de completar previamente a súa descarga, sería
posible construír o nome galego sobre esa realidade?
Sería posible falar de VÍDEO/AUDIO SEN DESCARGA ou de VÍDEO/AUDIOTRANSMISIÓN
SEN DESCARGA? E para o concepto xenérico, poderiamos optar por TRANSMISIÓN
SEN DESCARGA.

Esa mesma idea é a que se recomenda para catalán
(http://www.termcat.cat/termgia/termnorm/fitxes/2/207881_36.html) e
portugués (http://www.ciberduvidas.com/pergunta.php?id=18593), aínda que
aquí se tome como referencia a denominación "en tempo real" (que sería outra
posibilidade para valorar, claro).

Xusto A. Rodríguez
SNL da USC


-----Mensaje original-----
De: g11n-bounces en mancomun.org [mailto:g11n-bounces en mancomun.org] En nombre
de damufo
Enviado el: sábado, 31 de outubro de 2009 18:46
Para: Comunidade de tradución de software libre ao galego
Asunto: Re: [G11n] [terminoloxía] video streaming

Boas:

Pois a min pareceme unha gran idea empregar "videofluxo", a ver se 
comezamos a ter unha lingua máis viva e deixarnos de andar usar 
definicións no canto de termos.
Sabedes cal é a tradición do termo pantalán ao galegosegundo a rag?
Pois: "embarcadoiro que se mete algo no mar", por favor!... se non temos 
termo para iso importemos/creemos un pero isto non é tradución senón un 
discurso... Imaxinade, "Ei! meu!, ves esa canoa que está no embarcadoiro 
que se mete algno no mar?" huas huas, dame a risa so pensalo.


Leandro Regueiro escribiu:
>>> Serei curioso... que problema apresenta "fluxo de vídeo" ?
>> Eu emprego "fluxo de vídeo"
> 
> Eu tamén ía dicir "fluxo de vídeo"...
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
> 
_______________________________________________
G11n mailing list
G11n en mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

Responderlle a