Ola,
 
Como dicía Manuel, estes debates son importantes, especialmente cando -como
é o caso- a forma inglesa aínda non se asentou de forma masiva entre o
usuario medio. De aquí a tres anos, un debate coma este sería bastante máis
irrelevante, xa que "streaming" sería unha forma imposible de suplantar na
práctica.
 
Volvendo ao concepto en cuestión, a "transmisión" pon o foco en quen emite e
non en quen recibe, así que penso que non debería funcionar como sinónimo de
"reprodución". Pero en calquera caso, o relevante é o que fagamos co que vén
despois dese substantivo. Concordo con vós en que "sen descarga" non recolle
todos os matices do concepto, pero é que dificilmente imos atopar unha forma
galega breve que os recolla, así que teremos que optar pola que máis se
achegue a ese ideal.
 
E outra cousa que cómpre que teñamos en conta é o ámbito en que vai
funcionar o concepto. Penso que se trata dunha forma que se vai estender
entre todos os usuarios da informática e das redes tanto como o fixo "wi-fi"
nestes últimos anos. Por iso, que o nome que escollades inclúa todas as
reviravoltas de significado que ten o concepto paréceme menos transcendente
ca outras cuestións como:
- unha certa transparencia (que un usuario con poucos coñecementos
informáticos poida intuír o significado do concepto a través do seu nome)
- que teña flexibilidade para encaixar en distintos contextos de uso
 
E nese sentido "fluxo de vídeo" presenta -ao meu entender- algúns problemas.
 
E por último, visto que o "sen descarga" crea bastantes reticencias cabería
a posibilidade de matizar máis a denominación intentando empregar un prefixo
que indicase que a reprodución e a descarga son simultáneas. Pero resulta
que non se me acorda outro que non sexa "sin-"
(http://www.digalego.com/diccionario/html/index.php?op=ver
<http://www.digalego.com/diccionario/html/index.php?op=ver&id=58559&buscado=
SIN-&opcion=entrada> &id=58559&buscado=SIN-&opcion=entrada) e non me parece
que "video sindescarga" sexa unha opción viable polas moitas confusións que
podería crear.
 
Outra posibilidade sería empregar "vídeo transdescarga", "audio
transdescarga" ou "reprodución transdescarga" como unha forma de indicar que
o ficheiro comeza a reproducirse 'atravesando' (e polo tanto simultaneamente
a) o proceso de descarga.
 
Sigamos pensando no conto.
 
Xusto A. Rodríguez
SNL da USC
 

  _____  

De: g11n-bounces en mancomun.org [mailto:g11n-bounces en mancomun.org] En nombre
de Manuel Souto Pico
Enviado el: martes, 03 de novembro de 2009 17:35
Para: Comunidade de tradución de software libre ao galego
Asunto: Re: [G11n] [terminoloxía] video streaming


Daniel, ninguén di que non haxa descarga, o que dicía o Xusto é que non é
necesario esperar a que a descarga termine para empezar a reproducir o
ficheiro. O complemento "sen descarga" sería, pois, un apócope de "sen
descarga finalizada", pero si é certo que non é de todo claro. 

Unha pregunta para todos: cando se fala de transmisión, é sinónimo de
reprodución (como se entende no termo "transmisión sen descarga") ou é (como
entendía eu) sinónimo de descarga?

Quero engadir que estes debates son moi moi importantes, porque o que se
decide neles terá un reflexo no glosarios de termos da comunidade (podo
chamarlle g11n á comunidade?), que son utilizados por e que sentan un
precedente para todas as persoas que traballan en galeguización de software
(e non só de software libre). Supoño que todos somos conscientes da
importancia do que facemos aquí, pero non está de mais dicilo ;)

Saúde, Manuel


2009/11/2 Daniel Vázquez Rivera <dani en ousli.org>


Que o usuário não o guarde num ficheiro (se não quer, que jeitos sempre há)
não quer dizer que não exista a "descarga", que os dados não chegam por
cousa de meigas. Não gosto do "sen descarga", não me parece real,
especialmente se o que queremos é ser precisos.

"Videofluxo" parece-me querer reinventar a roda por aforrar uma preposição
de duas letras, e com todo o respeito não vejo a necessidade. Pero vamos, se
queremos converter o galego numa língua parassintética é um bom começo :P

Saúde.

----- Mensaje original -----
De: "Xusto Rodriguez Rio" <xusto.rodriguez en usc.es>

Para: "Comunidade de tradución de software libre ao galego"
<g11n en mancomun.org>

Enviados: Lunes, 2 de Noviembre 2009 10:52:11 GMT +01:00 Amsterdam / Berlín
/ Berna / Roma / Estocolmo / Viena

Asunto: Re: [G11n] [terminoloxía] video streaming

Ola,
Desde a miña ignorancia informática, véxolle dous problemas ao uso de
VIDEOFLUXO (e AUDIOFLUXO, cando correspondese):

1) Paréceme unha denominación pouco transparente para quen non saiba
previamente que é un equivalente de "streaming".

2) Crearíanos problemas á hora de intentar aplicar esa solución en contextos
en que "streaming" se vén empregando de forma xenérica, sen concretalo con
"audio" ou "video". Un exemplo:
Nunha frase como 'O Streaming é unha ferramenta sumamente atractiva para
calquera proxecto web' de que forma suplantariamos o anglicismo? O coherente
sería 'O fluxo é unha ferramenta...', pero non parece moi aproveitable,
salvo que o completásemos con algún elemento, como por exemplo 'A
transmisión en fluxo é unha ferramenta...'

Hai outras alternativas que calcan de forma máis ou menos directa o inglés
"stream" que poden evitar este segundo problema:
- FLUXO DE VÍDEO/AUDIO (xa comentado), que poderiamos xeneralizar como
TRANSMISIÓN EN FLUXO.
- TRANSMISIÓN EN SECUENCIA (recomendada no Glosario de Windows), que se
podería concretar como VIDEOTRANSMISIÓN EN SECUENCIA ou AUDIOTRANSMISIÓN EN
SECUENCIA.

Pero en boa medida, a cuestión da falta de transparencia segue estando aí; e
por riba vemos que son formas bastante máis longas ca o "streaming"
orixinal.

Por iso, déixovos para o debate unha outra alternativa: se o elemento
central do concepto "streaming" é que os ficheiros poden comezar a
reproducirse sen necesidade de completar previamente a súa descarga, sería
posible construír o nome galego sobre esa realidade?
Sería posible falar de VÍDEO/AUDIO SEN DESCARGA ou de VÍDEO/AUDIOTRANSMISIÓN
SEN DESCARGA? E para o concepto xenérico, poderiamos optar por TRANSMISIÓN
SEN DESCARGA.

Esa mesma idea é a que se recomenda para catalán
(http://www.termcat.cat/termgia/termnorm/fitxes/2/207881_36.html) e
portugués (http://www.ciberduvidas.com/pergunta.php?id=18593), aínda que
aquí se tome como referencia a denominación "en tempo real" (que sería outra
posibilidade para valorar, claro).

Xusto A. Rodríguez
SNL da USC


-----Mensaje original-----
De: g11n-bounces en mancomun.org [mailto:g11n-bounces en mancomun.org] En nombre
de damufo
Enviado el: sábado, 31 de outubro de 2009 18:46
Para: Comunidade de tradución de software libre ao galego
Asunto: Re: [G11n] [terminoloxía] video streaming

Boas:

Pois a min pareceme unha gran idea empregar "videofluxo", a ver se
comezamos a ter unha lingua máis viva e deixarnos de andar usar
definicións no canto de termos.
Sabedes cal é a tradición do termo pantalán ao galegosegundo a rag?
Pois: "embarcadoiro que se mete algo no mar", por favor!... se non temos
termo para iso importemos/creemos un pero isto non é tradución senón un
discurso... Imaxinade, "Ei! meu!, ves esa canoa que está no embarcadoiro
que se mete algno no mar?" huas huas, dame a risa so pensalo.


Leandro Regueiro escribiu:
>>> Serei curioso... que problema apresenta "fluxo de vídeo" ?
>> Eu emprego "fluxo de vídeo"
>
> Eu tamén ía dicir "fluxo de vídeo"...
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
_______________________________________________
G11n mailing list
G11n en mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

_______________________________________________
G11n mailing list
G11n en mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
_______________________________________________
G11n mailing list
G11n en mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n



------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20091104/0e5b8173/attachment-0001.htm
 

Responderlle a