Outro exemplo que me acaba de aparecer: cluster > clúster

Antón Méixome escribiu:
>>>>> a) wráper (=whisky, láser)
>>>>> b) embalaxe, envoltorio (=browser> navegador)
>>>>>
>>>>> Creo que a opción ideal sería e dar liberdade a quen traduce para
>>>>> escoller segundo o que crea máis acertado para a súa tradución concreta.
>>>>>
>>>>> Wrapper - Embalaxe, wráper
>>>>>         
>>>>>           
>>>> O de wráper non sei nin por onde collelo. Preferiria envoltorio a
>>>> embalaxe, se é que non é incorrecto.
>>>>       
>>>>         
>
> As Normas ortográficas non dedican un apartado específico aos 
> estranxeirismos salvante no que respecta á acentuación e aos plurais. En 
> certa maneira proporciona un criterio normativo sobre a adaptación de 
> anglicismos. Temos así que
>
> - sempre é posíbel utilizar o anglicismo sen cambio ningún cando hai 
> "clara" conciencia de ser estranxeirismo (esa clara conciencia indícase 
> marcando a palabra en cursiva ou entre vírgulas)
>
>     -- > Isto non é práctico na localización
>
> - pódense adaptar parcialmente se son palabras de circulación corrente: 
> relax, radar, boicot, iceberg (agudas); béisbol, télex, mitin, hóckey, 
> smóking, líder (graves); búmerang, párkinson, etc
>
>    -- > Pódese apreciar nos casos como búmerang, mítin, líder... como 
> hai un certo nivel de adaptación dos anglicismos (boomerang, meeting, 
> leader...)
>
> En conclusión
>
> Forma parte do compatíbel unha estratexia cuase sistemática de 
> semiadaptación de anglicismos: suéter (?), xersei :-)
>
> Obviamente a outra perspectiva é a substitución do anglicismo por unha  
> adaptación dunha palabra propia para o caso: mouse > rato; display > 
> pantalla; coacher > preparador
>
>
>   


Responderlle a