Boas:

Leandro Regueiro escribiu:
>>>>>> -delete -> eliminar ou borrar?
>>>>> ? delete ? borrar
>>>>> ? remove ? eliminar
>>>> Queda isto confirmado? e "erase" como se traduce?
>>> Creo que á parte de adaptarse ao caso concreto, con moi pequenos
>>> matices, penso que en realidade non son termos diferentes e que a noción
>>> é a mesma. E máis unha cuestión de norma de uso lingüístico en inglés
>>> que nós non temos porque seguir fielmente. De feito temos unha forte
>>> tendencia a utilizar "eliminar" nos tres casos.
>>>
>>> delete > eliminar (ou suprimir ... facer desaparecer un obxecto)
>>> erase > borrar (ou limpar ... no sentido de despexar algo que tiña algún
>>> contido, especialmente textos)
>>> remove > eliminar (ou quitar...  ou desfacer algo que antes fose
>>> introducido ou feito )
>>>
>>> Tendemos só a diferenciar como máximo
>>>
>>> eliminar = delete, remove
>>> borrar = erase
>>>
>>> En definitiva, parece que "eliminar" se consolida como a tradución
>>> xenérica e só nalgúns casos, polo contexto, os tradutores prefiren
>>> "borrar" (rexistros, datos, etc.) dentro doutro obxecto como un
>>> ficheiro, unha base de datos, ...
>> Engado un ficheiro de texto con datos "reais" que igual serven para
>> aclarar como está a cousa...
> 
> E penso que tes razón no dos contextos. Acabo de ver "remove" nun
> sitio onde pedia a berros que se traducira como "quitar", e hai un
> anaco vino noutro onde o propio era traducilo como "extraer" (un
> dispositivo extraíble)...
Soame que na tradución de phpmyadmin distingue borrar de eliminar
borrar o que fai é deixar a táboa sen rexistro algún.
eliminar, borra a táboa por por completo, rexistros e estructura.


> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

Responderlle a