O 12 xaneiro 2016 23:14, Enrique Estévez Fernández <e...@keko.me> escribiu:
> Ola.
>
> Acabo de ver o ficheiro dende o mobil. É un ficheiro xml que pode ter algo
> que ver co formato xliff. Dentro dos elementos vin xmlns: e algo de xliff
> 1.2
>
> No seu momento tentei preparar para traducir o proxecto Open Journal System
> (OJS), e tamen usaba ficheiros XML. Mandei unha mensaxe a esta lista se non
> lembro mal e comentei da existencia dun conversor po4a (o titulo do correo
> era Traducion do telegram).
>
> Cando teña tempo probarei a ver se OmegaT carga eses ficheiros XML de
> android. Se fora asi, tamen se poderia tentar xerar a TMX dende OmegaT.

Ola,
se les a miña mensaxe anterior xa podes ver que xerei eu o TMX. Aínda
así entendo que sería interesante probar co OmegaT xa que o sistema
que empreguei eu non é tan simple como me gustaría. O ideal sería ter
un conversor no Translate Toolkit.


> Un saudo.
>
> O 11 xaneiro 2016 21:52, Antón Méixome <cert...@certima.net> escribiu:
>> Non sei desde cando, para min desde hoxe; pero xa se pode acceder á
>> tradución de android no seu git
>>
>>
>> https://android.googlesource.com/platform/packages/apps/Settings/+/android-6.0.1_r3/res/
>>
>> O problema é que a tradución está así esparexida na árbore de
>> cartafoles, e ten que haber varios centos de ramificacións con
>>
>>  values-gl-rES/
>>  values-gl-rES-nokeys/

Non entendo cal é o problema coas ramificacións. Se xeramos o TMX para
unha versión específica de Android só teriamos que traballar cunha
ramificación, e ata onde eu vexo só hai traducións ao galego neses
dous directorios.


>> Polo que levo visto, á parte de pequenas diferenzas como a terminación
>> -ble, o uso do masculino para "o tablet" e cousas así, é amplamente
>> compatible co noso modelo lingüístico.
>>
>> Alguén se lle ocorre maneira de recollelas nunha memoria TMX?
>
> Supoño que será hora de poñerse co conversor de Android para o
> Translate Toolkit. Aínda que quizais haxa xa algún conversor por
> algures.


Deica
_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

Responderlle a