O 14 xaneiro 2016 13:24, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com> escribiu:
> O 14 xaneiro 2016 00:26, Antón Méixome <cert...@certima.net> escribiu:
>> Envío a tradución actual de CM 12.1
>>
>> O tema é buscar de onde sacar a versión en inglés en-US.
>>
>> As versións en en-UK e en-AU son moi reducidas xa que os tradutores
>> non editan todos os ficheiros dun idioma completo, supoño que só tocan
>> os que lles parecen relevantes para a súa variedade. Non hai versión
>> consultable orixinal salvo na plataforma Crowdin cando traduces cadea
>> a cadea.
>
> Pois vai haber que facer o mesmo que con Android: ir repositorio a
> repositorio en https://github.com/CyanogenMod
>
> Comprobei algúns ficheiros e non parece que sexa tan complicado. Por
> exemplo se abres o ZIP e entras en
> /cm-12.1/device/samsung/galaxys2-common/AdvancedDisplay/res/values-gl-rES/
> ves que iso está en
> https://github.com/CyanogenMod/android_device_samsung_galaxys2-common/tree/cm-12.1/AdvancedDisplay/res/values-gl-rES
> O máis complicado é atopar o repositorio, pero se vas a
> https://github.com/CyanogenMod e en "Filters" (enriba da lista de
> repositorios) escribes "android_device_samsung" xa che filtra os
> repositorios para /cm-12.1/device/samsung/ Así por exemplo sería
> "android_frameworks_base" para /cm-12.1/frameworks/base/ Así ves que
> con substituír os "/" por "_" e que "cm-12.1" é "android" é facil
> filtrar.

Ola,
Hai algún resultado disto ou precísase axuda?


Deica

> Deica
>
>> O 13 xaneiro 2016 22:47, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com> 
>> escribiu:
>>> O 13 xaneiro 2016 22:43, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com> 
>>> escribiu:
>>>> O 13 xaneiro 2016 22:43, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com> 
>>>> escribiu:
>>>>> O 13 xaneiro 2016 19:10, Isaac Álvarez Veiga <ialvarezv2...@gmail.com> 
>>>>> escribiu:
>>>>>> Non credes que deberiamos aproveitar a memoria para usala na tradución de
>>>>>> CyanogenMod? Supoño que os usuarios desta ROM apreciarán ter a mesma
>>>>>> terminoloxía nos seus trebellos que nos oficiais de Google, non credes? 
>>>>>> Pode
>>>>>> que haxa cadeas que non coincidan e demais, pero supoño que o 90 % do
>>>>>> contido para traducir en CyanogenMod pódese sacar do tmx que fixo 
>>>>>> Leandro. É
>>>>>> unha mágoa porque acabo de entrar no Crowdin e vin que está traducido ao
>>>>>> completo, que só queda aprobar as traducións, pero bueno, máis vale 
>>>>>> tarde ca
>>>>>> nunca...
>>>>>>
>>>>>> El mié., 13 ene. 2016 a las 17:28, Antón Méixome (<cert...@certima.net>)
>>>>>> escribió:
>>>>>>>
>>>>>>> O 13 xaneiro 2016 09:25, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
>>>>>>> escribiu:
>>>>>>> > Non entendo cal é o problema coas ramificacións. Se xeramos o TMX para
>>>>>>> > unha versión específica de Android só teriamos que traballar cunha
>>>>>>> > ramificación, e ata onde eu vexo só hai traducións ao galego neses
>>>>>>> > dous directorios.
>>>>>>>
>>>>>>>
>>>>>>> Claro,
>>>>>>>
>>>>>>> Co problema da ramificación non me refiro ás distintas "releases"
>>>>>>> senón a que os ficheiros de idioma están repartidos no repositorio de
>>>>>>> código fonte por todos os cartafoles do sistema, non están nun
>>>>>>> cartafol específico como estamos afeitos en Gnu/Linux.
>>>>>>> Supoño que tiraches de consola para reunilos
>>>>>
>>>>> Pois non. Mirei por riba e só vin traducións no directorio da ligazón.
>>>>>
>>>>> Respecto do método que empreguei creo que mais ou menos foi o seguinte:
>>>>>
>>>>> - Baixei un tar do directorio e descomprimino
>>>>> - Creei un virtualenv e instalei
>>>>> https://github.com/miracle2k/android2po nel (executando pip install
>>>>> android2po)
>>>>> - Lin o README 
>>>>> https://github.com/miracle2k/android2po/blob/master/README.rst
>>>>> - Creei un directorio chamado po
>>>>> - a2po init --android res --gettext po (sendo res o directorio cos
>>>>> ficheiros orixinais (tradución e inglés) e po o directorio onde se van
>>>>> gardar os ficheiros PO)
>>>>> -  
>>>>> http://wiki.trasno.net/Converter_.po_e_.ts_a_.tmx#Converter_varios_ficheiros_.po_a_un_s.C3.B3_ficheiro_.tmx
>>>>>
>>>>>
>>>>> Non estou moi seguro de que debamos documentar o método xa que depende
>>>>> de os ficheiros XML de Android estean nunha estrutura de directorios
>>>>> dun proxecto Android (é dicir, non poden ser ficheiros soltos).
>>>>
>>>> Esquecíame. Se me indicades onde está o repositorio de Cyanogen podo
>>>> ver a ver se dou sacado un TMX.
>>>
>>> Acabo de mirar cantos repositorios ten Android e é brutal:
>>> https://android.googlesource.com/ Vai dar un traballo bestial
>>> converter todo iso. Supoño que con scripts se podería automatizar,
>>> claro.
>>>
>>>
>>> Deica
_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

Responderlle a