O 26 febreiro 2016 18:36, Xurxo Barreiro <xu...@findomundo.es> escribiu:

> O Venres, 26 de Febreiro de 2016 18:18:52 Dani escribiu:
> > Boas:
> >
> > Busco tradución para deployment
> > https://en.wikipedia.org/wiki/Software_deployment
> >
> > A modo de curiosidade o tradutor de google para español propón
> > implementación e para o galego replanteo termo que non recolle o
> > dicionario de galego sendo a tradución reformular.
> >
> >
> > Algunha proposta?
> >
> > implantación?
> >
> > Agora que acabo de mirar resulta implantación que para o portugués é a
> > tradución que propón o google?
>
> Eu para «deploy» uso «despregar». Segundo o DRAG:
> 2. Poñer en práctica, dispor [algo] para un fin.
>
> Como substantivo, inda que non consta no dicionario, uso «despregue». (o
> corrector si que mo admite, curiosamente).
>
>
> «Implementar» non me parece correcto. Implementar un software significa que
> inda non existe e estalo creando. No caso de «deploy» o software xa
> existe, o
> que fas é dispoñelo para ser usado. (instalalo nas máquinas finais,
> configuralo,
> etc.).
>
>

Implementar é unha cousa, o que dicía Dani é implantacion, que me parece
aceptable.

Outras opcións poderían ser "poñer en marcha/servizo/a disposición" ou
despregamento. Que o corrector dea como correcto despregue pode ser
- un erro do corrector
- un participio (adxectivo) truncado do verbo despregar

Isto último vouno comprobar
_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

Responderlle a