Vaia, acabo de decatarme de que xa non chegamos.
Unha mágoa.

O 18 marzo 2016 12:52, Antón Méixome <cert...@certima.net> escribiu:

> Tentaremos presentar algo concreto
>
> Hai que organizarse. Non é importante quen vaia pero si que presente algo
> precisamente "consensuado"
> :-)
>
> Grazas Xusto
>
> O 15 marzo 2016 12:33, Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com> escribiu:
>
>> Grazas polo convite! Terei seguramente esas semanas ocupadas. Quen dos
>> demais podería?
>>
>> O 15 marzo 2016 10:49, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
>> escribiu:
>>
>>> O 15 marzo 2016 10:31, Xusto Rodriguez Rio <xusto.rodrig...@usc.es>
>>> escribiu:
>>> > Ola,
>>>
>>> Ola,
>>> grazas pola información. Temos interese, pero a ver como andamos de
>>> tempo.
>>>
>>>
>>> Deica
>>>
>>> > Achégovos esta información sobre a Xornada Científica que Realiter
>>> (Rede
>>> > Panlatina de Terminoloxía) vai facer en Compostela a comezos de xuño.
>>> >
>>> >
>>> >
>>> > Ocorréuseme que podería ser interesante que alguén presentase o
>>> procedemento
>>> > consensual que en Trasno empregades para estandarizar terminoloxía, e a
>>> > forma de relacionar estandarización e variación. Tede en conta que a
>>> maior
>>> > parte da xente que asiste a estes eventos procede do ámbito filolóxico
>>> e
>>> > está moito máis familiarizado con mecánicas de “sanción normativa”.
>>> >
>>> >
>>> >
>>> > Por se acaso, déixovos toda a información a seguir.
>>> >
>>> >
>>> >
>>> > Xusto
>>> >
>>> >
>>> >
>>> > ------------------------------------------
>>> >
>>> > A Rede Panlatina de Terminoloxía vai desenvolver a XII edición da súa
>>> > Xornada Científica en Santiago de Compostela os vindeiros días 9 e 10
>>> de
>>> > xuño, centrada arredor da “Terminoloxía e Normalización”.
>>> >
>>> >
>>> >
>>> > Por iso, fai unha chamada á presentación de traballos relacionados cos
>>> temas
>>> > seguintes:
>>> >
>>> > - O lugar da terminoloxía nas diversas políticas lingüísticas
>>> >
>>> > - A contribución da terminoloxía ao sostemento da diversidade
>>> lingüística
>>> >
>>> > - A implantación da terminoloxía: políticas, experiencias, resultados
>>> >
>>> > - Terminoloxía e estandarización
>>> >
>>> > - A estandarización e a variación terminolóxica
>>> >
>>> > - Procedementos de estandarización
>>> >
>>> >
>>> >
>>> > Os resumos dos relatorios (non máis de 400 palabras) deben enviarse en
>>> > formato .pdf ou .doc ao enderezo reali...@unicatt.it  antes do 1 de
>>> abril de
>>> > 2016.
>>> >
>>> >
>>> >
>>> > Pódese consultar toda a información no pdf anexo.
>>> >
>>> >
>>> >
>>> > Xusto Rodríguez
>>> >
>>> > Servizo de Normalización Lingüística
>>> >
>>> > Universidade de Santiago de Compostela
>>> >
>>> > Correo el. xusto.rodrig...@usc.es
>>> > Tfno.: 9828 23582
>>> >
>>> >
>>> >
>>> >
>>> > _______________________________________________
>>> > proxecto mailing list
>>> > proxecto@trasno.net
>>> > http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>>> >
>>> _______________________________________________
>>> proxecto mailing list
>>> proxecto@trasno.net
>>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>>>
>>
>>
>> _______________________________________________
>> proxecto mailing list
>> proxecto@trasno.net
>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>>
>>
>
_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

Responderlle a