O 16 xuño 2016 08:57, Xusto Rodríguez <xusto.rodrig...@usc.es> escribiu:
> Ola,
>
>
>
> Alguén sabe se existe algún espazo web que compile, organice e clasifique o
> software localizado ao galego, con independencia de se é libre ou
> propietario? Algo semellante á sección de “Recursos” de Softcatalà, para
> entendérmonos.

Estiven mirando rápido por aí, e parece que todos os sitios que tiña
localizados hai anos están desaparecidos. Eran sobre todo listas de
freeware para Windows. Quizais aínda haxa algunha ligazón utilizable
en http://engalego.blogspot.com.es/


> Se non existe, credes que sería interesante crealo? E factible cos recursos
> dispoñibles na comunidade?

Si, sería factible. E quizais sexa interesante. A dúbida actual é se
hai recursos humanos suficientes.

O certo é que durante anos nunca nos preocupou, porque ao traducirmos
software libre este estaba automaticamente dispoñíbel ao instalar
calquera distribución en galego, e polo tanto confeccionar e manter un
catálogo nunca nos pareceu unha prioridade. Polo menos non desde o
punto de vista dos usuarios, aínda que si se mantiveron algunhas
listas no pasado para facilitarlle aos tradutores atopar onde
traducir.

Ultimamente tense discutido sobre a conveniencia de facelo para os
usuarios de outros sistemas operativos, xa que non teñen a opción de
instalar o seu SO en galego e ter directamente acceso a unha manchea
de software en galego sen terse que matar a buscalo ex profeso pola
web adiante.

Pero os recursos humanos son os que hai. Se alguén máis se apunta
entón poderíase considerar poñerse a elo.


Deica

> Xusto Rodríguez
>
> Servizo de Normalización Lingüística
>
> Universidade de Santiago de Compostela
>
> Correo el. xusto.rodrig...@usc.es
> Tfno.: 9828 23582
>
>
>
>
> _______________________________________________
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
  • Unha consulta Xusto Rodríguez
    • Re: Unha consulta Leandro Regueiro

Responderlle a