Ola, grazas pola resposta.

Xa está arranxado. O problema era que usaba o script lase para buscar as cadeas no Launchpad e este parece non funcionar en Ubuntu Xenial.

Saúdos e desculpa

PS: sería moi útil se algún geek puidese arranxar o script lase para que funcione en Ubuntu Xenial. Era realmente útil e produtivo.




On 04/07/16 18:53, Jorge Barreiro wrote:
Desculpa pola tardanza.

Debian e Ubuntu non usan o mesmo instalador, así que non creo que veñan
por aí. Os textos no instalador de Debian veñen de lugares varios e
resultan difíciles de atopar. Os menos evidentes veñen dos «debconf» dos
paquetes que se instalan durante a instalación inicial. Estes si están
no launchpad, pero igual non onde esperas, se non asociados ó paquete
que se instala.

Que textos estás vendo? Onde aparecen?

On 29/06/16 19:30, Marcos Lans wrote:
Ola

Abriuse un prazo de dúas semanas para actualizar o idioma do Ubuntu
16.04 LTS. Será a última oportunidade para corrixir e completar
traducións desta versión LTS.

Durante a instalación vense algunhas cadeas sen traducir que non atopo
no launchpad. Posiblemente sexan doutros proxectos, Debian?
Pode alguén comprobalo en Debian ou dicirmo como podo facelo?
_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

Responderlle a