LLISTA ARA I SEMPRE - AIS
_________________________
Bones tardes,
 
Molt interessant aquest comentari del secretari general d'UPG i dirigent del BNG, Paco 
Rodr�guez, sobre la pel.li de n'Amen�bar.
 
Salut i una en�rgica condemna a l'acte b�rbar i feixista de fa unes quantes matinades 
al Bosc de la Mem�ria de Calvi�!
 
 
 Unha viaxe a Galiza

Por Francisco Rodr�guez

As� considera tam�n Amen�bar a sua fita Mar adentro. Este � o seu aspecto m�is 
senlleiro do ponto de vista sociol�xico. Cecais sexa o que fique m�is no subconsciente 
dos espectadores, especialmente se son galegos e galegas. Tam�n o que resulta m�is 
agachado pola carga emotiva, enf�tica, de situaci�ns dram�ticas ou algo c�micas que 
procuran ga�ar ao grande p�blico para a causa de Sampedro. Posibelmente, entre choros 
e risos, a simpat�a co personaxe individual � tan determinante que mesmo dificulta 
reparar no contextual. � dicer, hai un xogo oportuno, pode ser mesmo intelixentemente 
oportunista, moitas veces a base de ant�teses ou contrastes, para enredar ao p�blico 
nunha direcci�n filos�fica ou moral e facer facilmente consum�bel o filme.

CONTRASTE E ESTEREOTIPO

O contraste e mesmo o estereotipo est�n tam�n presentes na forma de amostrar a 
sociedade galega, os seus comportamentos. O contexto galego est� contrastado co 
contexto catal�n. Haber�a que analisar se Mar adentro ser�a un filme tan exitoso e 
asimil�bel polo mercado se quedase na s�a parte do ambiente, da sociedade, dos 
personaxes galegos. Cabe afirmar que resultar�a para moitos m�is dura, � rara�, 
contundente e coerente. Rematar�a cando Sampedro morre, exalando o sintom�tico �Xa 
vai�, usando a nosa lingua, a sua, conduta que contrasta co case exclusivo emprego do 
espa�ol que fai at� ent�n. Vela� por onde chegamos a un dos aspectos onde menos se ten 
reparado, o que non deixa de ser indicativo de como est� a consciencia colectiva sobre 
o noso idioma. D� a impresi�n de que os espectadores galegos consideramos normal o que 
� unha conduta ling��stica quebrada, destrutiva, anuladora do noso idioma. Os catal�ns 
falan entre eles sempre catal�n, para funci�ns de todo tipo, en ambientes non s�
 familiares. Sampedro e a sua familia, os personaxes galegos, m�vense entre dous 
polos, o uso exclusivo do galego, o irm�n, e o uso exclusivo do espa�ol, as mulleres. 
Abalan os demais nun rexisto biling�e digl�sico, de menor presenza do noso idioma 
(Sampedro e o sobri�o) a maior (o av�). Non vou negar que a tendencia ling��stica que 
se expresa � real, verdadeira. Por�n, non � cr�bel que, no ambiente familiar e para 
temas coloquiais, unha ama de casa de clase popular e unha traballadora da conserva 
non falen nen unha palabra en galego. Peaxe para que Mar adentro, unha fita espa�ola, 
non exceda a dose conveniente de diversidade ling��stica, neste caso presenza do 
galego, con lendaxe incluida, ou simples emprego anecd�tico, ambiental, para indicar a 
diferenza? En todo caso, o resultado non � inocente nen casual. Sendo tan evidente o 
contraste cos catal�ns, leva a algunha reflexi�n aos espectadores galegos este 
panorama ling��stico desolador? Non parece que abonde o contraste. Sen
 d�bida, comprir�a alg�n elemento revelador, intencionado, non est�tico, na pel�cula a 
este respeito. Un empirismo falsificado, dese�ado sobre unha tendencia ling��stica 
verdadeira, non parece que axude a tomar conciencia aqu� e agora.

Certamente non podemos esperar de cineastas de f�ra o que dentro non somos quen de 
facer. Algu�n argumentar� que xa � moito que se nos te�a en conta e mesmo se nos trate 
con certa dignidade. Por�n, obxectivamente, o estereotipo roza o perigo da simpleza, 
case caricatura, no personaxe de Rosa, a moza despedida da f�brica, trasunto doutra 
muller real m�is complexa, ou no de Javi, o sobri�o, excesivamente pasp�n. E o irm�n? 
O �nico uniling�e � tam�n o m�is brut�n, o menos comprensivo co desexo de morrer de 
Sampedro. Curiosamente, s�lvao un estourido de carraxe na nosa l�ngua que a dignifica 
e o xustifica (excepcional o noso Celso Bugallo) na sua actitude frente aos discursos 
ideol�xico-filos�ficos de Ram�n, un dos momentos de maior verdade de Mar adentro. 
Bardem borda precisamente o que de m�is social hai no personaxe de Sampedro, os 
acenos, os tics, inclu�dos as frases feitas, que evocan a moitos individualistas 
galegos, ideoloxicamente progresistas, autodidactas, con tendencia ao
 cosmopolitismo e cunha consciencia nacional fr�xil. A nosa Mabel Rivera, muller, nai, 
esposa, expresa m�is que fala, dando vida ao personaxe m�is matizado e conseguido no 
que ten de social e no que ten de individual, resignaci�n, cepticismo, amor, unha rica 
sabedor�a interior desde a experiencia e a comprensi�n do mundo, capaz de romper en 
rebeld�a. Ser�a interesante saber at� onde foron conscientes do que estaban a facer os 
guionistas, o director, e os actores galegos e non galegos, quen os asesorou (non me 
refiro a ese exacto galego dialectal) sobre o noso mundo, � marxe da sua intenci�n 
evidente de defender a eutanasia atrav�s da historia de Sampedro. Por certo, 
incomprensibelmente, nas letras de cr�dito dise que Negra Sombra � m�sica tradicional, 
cando a letra � de Rosal�a e a m�sica de Xo�n Montes.

O resultado � expresivo. Art�stica e mesmo filosoficamente, a parte dos personaxes 
catal�ns, especialmente esa suposta historia de amor de Sampedro coa avogada que 
interpreta Bel�n Rueda, co seu mesmo final, resulta un pegado ou un contributo ao 
simplismo maniqueo. Pod�a anularse ou reducirse. Mais seguro que para o oportunismo 
intelixente dun cineasta que manexa moi ben as chaves do mercado e das posibilidades 
de xogar coa diversidade cultural e ling��stica estaban claros os l�mites. Interesante 
esta experiencia art�stica de Amen�bar. Suxeridora esta sua viaxe a Galiza. L�mbranos 
canto necesitamos un cinema galego�



                
---------------------------------
Do you Yahoo!?
Read only the mail you want - Yahoo! Mail SpamGuard.
_______________________________________
Agenda i plana web: http://www.araisempre.org
Per enviar correus a la llista: [EMAIL PROTECTED]
Per a subscriure's, donar-se de baixa...  
http://araisempre.org/mailman/listinfo/ais_araisempre.org

Responder a