He aqu� un articulo del a�o pasado
sobre las movilizaciones sociales
que sacudieron Bolivia. No parece
requerir traduccion al espa�ol
pues la lengua hermana es bastante
inteligible.

Otra vez el Mallku en la escenografia
de las horas dificiles. Hombre de
poses barrocas.


=============================
A "INTIFADA" BOLIVIANA

Por Lino Pellitero (Canal Mundo, 03/10/2000)
http://www.igadi.org/artigos/a_intifada_boliviana.htm


Nas �ltimas d�as semanas o foco da actualidade informativa de Am�rica Latina
iluminaba sobre o Per�. Moi preto, Bolivia permanec�a na m�is absoluta
sombra, mentres contaba e choraba a decena de mortos que consecutivamente
foron caendo pola contundente actuaci�n das forzas de seguridade. Cocaleros,
mestres e labregos bloqueaban v�as de comunicaci�n en demanda de diversas
reivindicaci�ns que te�en derivado en violentos e sanguentos conflictos.

O l�der ind�xena Felipe Quispe, "O Mallku", entrou coa mirada perdida na
reuni�n do domingo na que estaban presentes o ministro da Presidencia Walter
Guiteras, o de traballo Lu�s V�zquez, o de desenvolvemento econ�mico Jos�
Lu�s Lupo, e o de agricultura Osvaldo Antezana. Os seus ollos transluc�an a
indignaci�n que as s�as palabras non pod�an disimular. Antes de abandonar a
sala de negociaci�ns manifestou: "Quero preguntarlle aos se�ores ministros
�que crime temos cometido?, �Que delito temos feito para sermos
masacrados?.. agora temos vi�vas e fillos orfos. �Asasinos! �Por que matan
aos meus irm�ns aimaras e quechuas. �Estabamos armados nos?

O �ltimo episodio desta permanente vaga de protestas sociais en demanda
dunha m�nima dignidade para poder subsistir ou dunha raiola de esperanza no
futuro, rematou o s�bado cun novo morto a 20 Km da cidade de Cochabamba.
Centos de labregos ti�an tomado a ponte sobre o r�o Cora, de estrat�xica
importancia para as comunicaci�ns con La Paz e con Oruro. Os seus paos,
tirapedras pouco puideron facer diante dos 1500 uniformados que, fortemente
equipados, desaloxaron nunha pugna de desigual violencia aos labrego, non
sen consecutivas ofensivas e contraofensivas nas que finalmente os militares
empregaron armas de fogo e deron morte a un mozo de 25 anos, que fac�a o
n�mero de v�ctima 10. En s� 15 d�as tam�n se rexistraron outros 127 feridos.

Dende o axitado abril, Hugo Banzer non voltara a caer na tentaci�n de
empregar a cega forza do ex�rcito para esmagar as protestas sociais e tentar
manter inflexiblemente as determinaci�ns gobernamentais. De novo ten que
recuar, voltar ao repudiado di�logo e outra volta ten que negociar cos
insurrectos. O dif�cil papel mediador corresp�ndelle, arestora, a tres
respectables membros de prestixiosas instituci�ns: A Valedora do Pobo, Ana
M� Romero de Campero; o representante da organizaci�n El Alto en defensa dos
dereitos Humanos Marcelo Viruez e ao representante da igrexa Monse�or Jes�s
Ju�rez.

As conciliadoras e esperanzadoras palabras de Monse�or Ju�rez pronto se
viron atravesadas polos tensos reproches do "Mallku". "Non vou baixar os
pantal�ns nin axeonllarme diante de vostedes...se queren matarme coma a
Tupac Katari, f�gano cos seus helic�pteros, cos seus carros de combate...".
Ergu�ndose da mesa, deu por rachadas as conversas, preso pola rabia de ver
como a matanza se cebou de novo nos mesmos aos que sistematicamente golpea a
pobreza.

Non obstante, se cesa a contundencia policial e repousan os �nimos, existen
datos para un moderado optimismo.

O goberno m�strase agora disposto a ceder � pretensi�n dos labregos de
anular a pol�mica Lei de augas e ofrece proxectos de desenvolvemento e
investimento na zona do altiplano pace�o, anque non se manifestou sobre as
demandas de indemnizaci�n �s familias das v�ctimas.

Cos cocaleros est� ceder, desistindo de constru�r os tres cuarteis
proxectados para o Chapar�. Tam�n est� disposto a dotar de auga � Vila de
Tunari a crear complexos industriais na zona, a estudiar a creaci�n dunha
universidade na rexi�n cocalera, pero non acepta que cada labrego poida
cultivar un "cato" de folla de coca, � dicir, un tercio de hect�rea. Os
compromisos cos EEUU non deixar marxe para manobrar.

Mais preto do acordo est�n as negociaci�n cos mestres. Se imparten 200 d�as
lectivos anuais, poden recibir un bono de 300 bolivianos por ano, uns 50
d�lares, nos pr�ximos catros anos previa avaliaci�n profesional.

Quizais os conflictos do momento estean en v�as de soluci�n, pero pronto
aboiar�n outros novos. Dende o proceso de liberalizaci�n acelerado encetado
en 1985, a miseria atrapa a tal volume de bolivianos que non � aventurado
prognosticar que novos conflictos tomaran o relevo.



_____________________________________________

Lista de discusi�n Aymara 

http://aymara.org/lista/lista.html
_____________________________________________

Responder a