Benvidos/as á lista.

Os xestores de TDF acaban de confirmarme que xa dispoñemos de listas
de correo para a xestión da localización de LibreOffice. Con isto xa
non será necesario levar noticias, detalles nin debates sobre LibO ás
listas de OOo.org.

Como xa comentei nelas, a miña intención é compatibilizar o traballo
en ambos proxectos xa que de momento e supoño que aínda durante
bastante tempo será practicamente o mesmo e considero, desde o punto
de vista galego, que todos os colaboradores en OOo.org son tamén
colaboradores nativos de LibO aos que se unirán os que se acheguen a
esta nova etapa.

Estades convidados/as a unirvos e participar no futuro.

[email protected]: Announcements and Press Releases
[email protected]: User support for LibreOffice
[email protected]: Announcements and Press Releases

As instrucións pertinentes para subscrición están aquí

 http://wiki.documentfoundation.org/Local_Mailing_Lists#Galician_.2ANEW.2A

Antón Méixome

-- 
Coodination of LibreOffice GL

--
E-mail to [email protected] for instructions on how to unsubscribe
List archives are available at http://gl.libreoffice.org/lists/discuss/
All messages you send to this list will be publicly archived and cannot be 
deleted

Responder a