Olá, O día 30 deste mes celebrarase en todo o mundo o Document Freedom Day 2011 promovido, entroutras entidades, pola FSFE.
A través dun contacto político volvín a falar con Karsten Gerloff, presidente da FSFE, e con Fernanda Weiden, ambos xa coñecidos e atopados de novo na pasada edición do FISL11 de Porto Alegre. A idea da "Document Freedom Day 2011" é concienciar sobre a necesidade de empregar estándares abertos e aproveitar o impacto mediático para, como mínimo, promocionar ás partes interesadas: AGASOL, asociacións, oficinas de SwL... Como vedes a idea de facer un mini-encontro DFD'11 nalgures? P.ex. con esta axenda: -Reunión AGASOL, GUGLs e OSL -Encontro con responsables políticos e AGASOL -Declaración pública perante medios de comunicación -Comida comunitaria (claro!) -sesión de traballo técnica e de localización da LibreOffice Poderíamos facelo nunha sala da ETSE se tal ;) A máis, se Galicia saíra seleccionada para organizar a vindeira Libre Sw World Conference poderíamos aproveitar a sinerxia para que se celebre nela o I Encuentro LibreOffice España. aps. -- Roberto Brenlla CKO en C.T.I. TEGNIX, S.L. http://brenlla.tegnix.com http://www.tegnix.com http://www.agnix.org Identi.ca, Jabber.org, GTalk, Facebook, Twitter, Skype... => brenlla GNU/Linux user #124.437 since 1997 -- Correo a [email protected] para saber como desubscribirse O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/ As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar
