Temos outro par de boas novas A vindeira versión do sistema operativo dos computadores do Proxecto Abalar contarán coa "suite" ofimática LibreOffice.
Como sabedes Abalar é o proxecto de implantación de Swl máis importante do país. Ante certas dificultades de implantación que viñeron sufrindo nos últimos meses parece que os xestores do proxecto, aconsellados polas empresas consultoras que están apoiando o proceso de despregamento, están tomando medidas drásticas co fin de garantizalo ou evitar problemas. A vista dos tumbos dados pola multinacinal estadounidense Oracle, propietaria da marca OpenOffice.org, e as dificultades que a comunidade internacional de tradutores tiña no seu traballo, a adopción de LibreOffice é unha decisión que aplaudimos xa que esta "suite" está coidada ata no último detalle pola comunidade, o que supón, no nos atinxe dun xeito máis directo, poder tela ben traducida, sen atrancos e cunha gran vocación de futuro. LibreOffice polo contrario leva unha progresión de mellora acelerada, ben encamiñada, e co futuro desenvolvemento garantido. A segunda noticia é que terei oportunidade de presentar LibreOffice a un público moi amplo o vindeiro xoves, día 19 no Centro Multimedia de Galicia, nunha xornada organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística "Letras galegas e TIC". Convidáronme persoalmente como membro coordinador de LibreOffice en Galicia. http://www.xunta.es/linguagalega/letras_galegas_e_internet A miña idea básica é explicar de onde vén LibreOffice, que achega ao galego, como funciona a comunidade, que obxectivos e recursos ten... e posicionar LibreOffice como a mellor opción para todo tipo de usuarios (particulares, empresas e institucións) grazas a que está baseada en estándares e gobernada por unha comunidade aberta que a pon por riba de intereses contrarios aos usuarios. Se podo, falarei do estado e melloras da nova versión do corrector ortográfico e do desenvolvemento do dicionario de sinónimos no que estou traballando para publicar a finais deste ano. Se podo tamén farei un chamamento á colaboración de persoas, empresas e institucións que neste momento non están neste proxecto, e deberían porque están noutros peores. Teño uns días moi atarefados por diante e con moi pouco tempo así que agradecería as vosas achegas, ideas para que a nosa presenza non pase desapercibida entre tanta institución, empresas e multinacionais. Un saúdo, Antón -- Correo a [email protected] para saber como desubscribirse O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/ As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar
