Ola, Para que se poida apreciar a que ritmo tan diferente está correndo xa LibreOffice pego aquí un resumo do que está por vir nas próximas semanas
3.3.3 release final release Jun 14, 2011 3.4.0 release Release 3.4.0 on May 31, 2011 3.4.1 release final release Jun 28, 2011 Fronte á dinámica de OOo.org de só dúas versións ao ano, aquí pasamos ultimamente a unha cada 15 días, nuns ciclos de versións sobre ramas de carácter mensual. A idea é que haxa dúas versións maiores ao ano sobre marzo e setembro e menores mensuais. Por iso este apurón de agora. A última beta 5 xa funciona ben a localización pero ten outros problemas. Hoxe mesmo remata o prazo para informar de erros e informei de dous - as iconas dos distintos programas non se cargan no menú en linux (Ubuntu 10.04). Parece que xa está localizado o problema - o instalador de windows funciona en inglés tanto nun XP, en español, coma nun Windows7 galeguizado. Non podo probar Mac e viríame ben descargarme deste traballo de probas multisistema que é ben lioso para min. Hai que facer instalación personalizada para que se instale en galego en Ws. Creo lembrar que alguén comentou que se podía forzar a instalación localizada manipulando o ficheiro setup.ini pero non sei como vai. Mañá comeza xa a facerse a rc1. Aproveito para publicar no blog, máis accesible para o público xeral http://blog.libreoffice.gl/coordinacion/article/afinacions-de-traducion-3-4 co fin de que vexades en concreto os cambios que fun considerando convenientes de terminoloxía e estilo. Tamén para que se poida recuperar e contrastar na vindeira Trasnada. Como estamos aínda na RC e en LibO non hai períodos dramáticos de conxelación de cadeas como en OOo.org pódense reconsiderar algunhas que atopemos mellor solución. A que hai funciona mellor que a que había, ao meu xuízo. O efecto negativo é que a tradución da Axuda vai quedando cada vez máis obsoleta e sen correspondencia. Non recibín pola vosa parte ningún informe de erros, incorreccións, etc que seguro que hai máis porque como xa teño explicado tiven que duplicar a todo correr os miles de correccións que tiña feito sobre OOo.org e non me podo acordar de todas as que me foron saíndo ao paso. En todo caso fixen un esforzo aínda non rematado de reducir significativamente os positivos de erro que dá o Translation Tookit. En moitos casos son falsos positivos, por iso non eliminalos sistematicamente. Corrixin uns cantos problemas na interface, de tamaño dalgún botón e opcións especialmente. Xa vin uns cantos erros coas teclas rápidas e algunha falta de concordancia de xénero (o inglés non indica cando poñer "Predeterminado" ou "Predeterminada") que se poderían solucionar doadamente facendo unha revisión dos menús coa axuda da compilación con claves KeyId builds que xa enviei aí atrás pero é tempo que non teño. Un saúdo, Antón ---------- Forwarded message ---------- From: Petr Mladek <[email protected]> Date: 2011/5/16 Subject: [Libreoffice] REMINDER: Release 3.4.0-rc1 from libreoffice-3-4 branch To: libreoffice-dev <[email protected]> Cc: [email protected] Hi, please note that the commit deadline for 3.4.0-rc1 is today. We are going to do the libreoffice-3.4.0.1 tag and libreoffice-3-4-0 branch tomorrow. -- Antón Méixome - TDF member 105 Blog about Galician Office Suite Galician community OOo.org & LibO http://blog.openoffice.gl // http://blog.libreoffice.gl -- Correo a [email protected] para saber como desubscribirse O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/ As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar
