2011/6/30 Anton Meixome <meix...@certima.net>

> Tradución do anuncio para mañá. Suxestións ou melloras?
>
>
> ==========================
>
> LibreOffice 3.4.1 fornece novas funcionalidades estábeis para cada usuario
>
> A Internet, 1 de xullo, 2011 - The Document Foundation anuncia a
> publicación da LibreOffice 3.4.1, a segunda versión estábel da nova
> familia 3.4,  enfocada a todos os individuos e empresas. LibreOffice
> 3.4.1 soluciona moitos defectos que afectan á versión anterior, e pode
> ser implantada con seguranza en produción por parte da maioría de
> usuarios.
>
> Para grandes empresas, con despregues de LibreOffice en centos ou
> milleiros de PC, aínda se lles recomenda implantar a LibreOffice 3.3.3
> - probada durante varios meses por milleiros de usuarios particulares
> en todo o mundo- dando preferencia a unha versión con apoio de
> asistencia profesional.
>

Non queda moi aló o último parágrafo, propoño, aínda que tampouco me enche o
ollo:

Para grandes empresas, con despregues de LibreOffice en centos ou milleiros
de PC, recoméndaselles empregar LibreOffice 3.3.3 - probada durante varios
meses por milleiros de usuarios particulares en todo o mundo- por seren unha
versión cunha mellor asistencia profesional.




>
> A Document Foundation, ao recoñecer as necesidades específicas de
> grandes empresas e usuarios conservadores, decidiu fornecer dúas
> versións diferentes do software, para satisfacer tanto as necesidades
> de usuarios avanzados que buscan as novas funcionalidades como as de
> usuarios máis prudentes que prefiren a estabilidade antes cás
> funcionalidades.
>
> As versións anunciadas como estábeis poden implantarse con seguranza
> en entornos de traballo, aínda cando algúns dos seus defectos poidan
> dificultar funcionalidades particulares mais non teñen impacto sobre a
> calidade total e a seguranza dos documentos.
>
>
Non empregaría «defecto», ten unha connotación moi negativa neste contexto,
eu diría máis ben ...  aínda cando algún dos seus posíbeis fallos poidan
dificultar...


> ===========================
>
> LibreOffice 3.4.1 provides stable new features to every user
>
> The Internet, July 1st, 2011 - The Document Foundation announces the
> release of LibreOffice 3.4.1, the second stable version of the newer
> 3.4 family, targeted to all individuals and enterprises. LibreOffice
> 3.4.1 solves several bugs affecting the previous version, and can be
> safely implemented for production by most users.
>
> Large enterprises, deploying LibreOffice on hundreds or thousands of
> PCs, are still suggested to implement LibreOffice 3.3.3 - tested over
> several months by thousands of individual users worldwide - choosing a
> professional support backed version.
>
> The Document Foundation, recognizing the specific needs of large
> enterprises and conservative users, has decided to provide two
> different versions of the software, in order to satisfy both the needs
> of power users looking for the latest features and of more prudent
> users looking for stability over features.
>
> Versions announced as stable can be safely implemented in work
> environment, as bugs might hamper single features but don't have an
> impact on the overall quality and safety of documents.
>
> --
> Antón Méixome - TDF member 105
> Blog about Galician Office Suite
> Galician community OOo.org & LibO
> http://blog.openoffice.gl // http://blog.libreoffice.gl
>
> --
> Correo a discuss+h...@gl.libreoffice.org para saber como desubscribirse
> O arquivo está dispoñible en
> http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
> As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán
> borrar
>
>


-- 
 /\  Dia da liberdade dos documentos -  Libera os teus documentos
_\/` http://documentfreedom.org/     -  30 de marzo de 2011

-- 
Correo a discuss+h...@gl.libreoffice.org para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

Responder a