Dentro de pouco, a finais deste mes sairá a versión 3.4.2 que como
sabedes é unha versión "sólida", ben, máis sólida que a 3.4.1. ( a ver
se solucionan o bug das Opcións).
Esa versión está destinada a grandes despregamentos polo que supoño
que por exemplo Debian ou Ubuntu manterana durante bastante tempo.
A versión 3.4.2 xa contará cunha localización consolidada que
definitivamente nos distancia da ramificaciń 3.x.x

Para esa versión quero facer un esforzo especial de difusión,
presentación de características, etc.

Para iso necesitamos actualizar bastante tanto o sitio oficial de
LibreOffice como o Wiki do proxecto.

Que vos parece se nos programamos un pouco nas tarefas?


-- 
Antón Méixome - TDF member 105
Blog about Galician Office Suite
Galician community OOo.org & LibO
http://blog.openoffice.gl // http://blog.libreoffice.gl

-- 
Correo a [email protected] para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

Responder a