Ola a todos,

LibO 3.4.2 sairá a finais de mes, sobre o 27 aproximadamente.

A finais desta semana estará dispoñible a rc1. O código xa está
conxelado desde onte.

Como non houbo resposta ao chamamento para reforzar o site e o wiki de
cara a esta versión importante (para grandes despregamentos)
seguiremos mantendo o rumbo de cruceiro actual.

Son malas datas, xa o sei e ultimamente o meu tempo tamén vai en diminución.

Saúdos,

Antón

P.D. Por certo, felicidades públicas a Miguel Bouzada, novo membro
oficial da TDF do equipo galego.
A partir de agora os galegos que queiran adquirir a condición de
membro da TDF e acrediten os méritos, :-D
poden contar con dous avogados do país.



-- 
Antón Méixome - TDF member 105
Blog about Galician Office Suite
Galician community OOo.org & LibO
http://blog.openoffice.gl // http://blog.libreoffice.gl

-- 
Correo a [email protected] para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

Responder a