Ben, esta non é unha nova para LibreOffice senón para OpenOffice. A posición da Document Foundation é que non é pertinente facer declaracións públicas sobre este asunto. Non por ocultismo ou así senón porque non se saben ben as condicións e consecuencias directas e non se quere entrar en provocacións para non queimar terreo futuro.
A única novidade é que se cede a "marca" OpenOffice á Fundación Apache, de modo que hipotéticas versións futuras poderán manter, usar, defender a marca OpenOffice para o que será Apache OpenOffice. O código xa o tiña. Detrás disto está IBM co seu Lotus Simphony, que tiña licenza de código por parte de Sun para usar o seu código fonte, ao que lle superpón unha interfaz diferente, moi pulida e feita en Eclipse. IBM non cobra por Lotus Simphony aos usuarios pero manteno como un produto de carteira para clientes aos que lles vende servizos de asistencia basicamente, en exclusividade... aí está o interese de IBM: poder seguir tendo un produto con base de código libre pero con outra parte pechada. Este punto non é posible con LIbreOffice que é GPL e por tanto viricamente libres os seus produtos. Entra dentro do probable que Apache reciba millóns de liñas de código de IBM por este camiño, que se suman á base de Sun, pero será sempre mantendo IBM a titularidade do proxecto Simphony. Hai uns 70 desenvolvedores na incubadora de Apache, a maioría ou os máis activos son persoal de IBM. O que é novo en LIbO son os proxectos para unha versión para teléfonos, sobre Android e outra para a nube (estilo GDocs) . Hai algún video de proba de concepto funcionando a través de Firefox que ten moi boa pinta...(agora non o atopo) pero está lonxe de ser unha realidade neste ano ou no vindeiro. Tamén é novo o 1º proceso de eleccións para o Consello executivo da LibreOffice Fundation. As votacións están en marcha abertas a todos os membros da Fundación. Pola parte galega, tanto Miguel coma min xa emitimos o noso voto. Entre o que temos pendente están varias cousas: - Facer algo máis de web para información dos usuarios galegos en gl.libreoffice.org - Introducir o corrector de galego actualizado como extensión no sitio, en desenvolvemento. Actualizar o corrector ortográfico no propio empaquetado base de LibO. - Decidir que se fai co dominio libreoffice.gl, que xa caducou e custa 43 € mantelo - Actualizar a tradución da IU - Completar algo máis o wiki - Facer algo da axuda El día 17 de octubre de 2011 11:42, damufo <[email protected]> escribió: > Boas: > Poño aquí unha nova que considero interesante. > > http://www.genbeta.com/actualidad/finalmente-apache-se-hace-cargo-de-openofficeorg > > Envío tamén a trasno. > > Abur. > -- > Dani > > -- > Correo a [email protected] para saber como desubscribirse > O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/ > As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán > borrar > > -- Antón Méixome - TDF member 105 Blog about Galician Office Suite Galician community OOo.org & LibO http://blog.openoffice.gl // http://blog.libreoffice.gl -- Correo a [email protected] para saber como desubscribirse O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/ As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar
