-- abro un novo fío para maior claridade -- 2012/3/29 Cristina Uceda Camba <[email protected]>: > Sigo traducindo a axuda, pero estou detectando varias incoherencias > terminolóxicas... Por outra banda, non teño moi clara a diferenza entre a > orde "Find" e "Search for" nin tampouco como as teño que traducir > exactamente, en parte pola incoherencia que vos comento. > > Que fago? >
O que detectas é esperable, nese e en moitos máis casos, sobre todo na Axuda porque nunca tivo un traballo de harmonización como o que si se fixo na IU. Hai, por tanto, de todo. - inconsistencia no equivalente galego - inconsistencia no orixinal inglés O que imos facendo desde hai un par de anos (que se di pronto) é ir traducindo o novo e axustando o vello. Procuramos que a cada palabra, fórmula ou termo en inglés lle vaia correspondendo sempre o mesmo. Penso eu que tampouco se poden considerar igual palabras xerais, que admiten traducións variables que termos auténticos, que TEÑEN que ter sempre a mesma. Neste caso, eu interpreto que se trata do mesmo concepto con matices. Find será algo que necesariamente está, hai que saber onde; Search for indica que se "mira a ver" se hai. A recomendación agora sería Find > Atopar (harmonizando: buscar, localizar, encontrar, atopar, ...) Search for > Buscar (harmonizando: buscar, localizar, procurar, ...) Digo que vas atopar mil casos destes, moitos deles que se nos pasan outros que son herdados de 10 anos de tradución de mans diferentes (cambio de normativa desde 2003 incluído). Por esa razón, neste momento considero prioritario elaborar unha "terminoloxía" do proxecto. De feito estou con ela e sáenme unhas 5000 unidades (termos e UT complexas) que hai que traballar e que teremos que acordar e consensuar, primeiro no equipo e logo levalas a tamén a Proxecto Trasno para constrastalas cos demais proxectos. Nese momento xa non serán recomendacións senón obriga dos tradutores e revisores aplicalas. O traballo de tradución pode seguir progresando sen problemas porque é moito máis rápido corrixir ca traducir. Desgraciadamente eu fixera ao principio todo ese traballo de harmonización de forma moi sistemática durante semanas e logo, por incidencias do proxecto perdeuse por problemas técnicos (cerre de OpenOffice.org, apertura de LibreOffice). Así que, tomado agora con máis tranquilidade mentres se vai consolidando LibO imos mellorando versión a versión, porque a tradución está sempre aberta xa que en LibO son case mensuais (antes 2 ao ano). Saúdos > -- > Correo a [email protected] para saber como desubscribirse > O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/ > As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar > -- Antón Méixome - Galician Native Lang Coordination Blog about Galician Office Suite Galician community OOo.org & LibO http://blog.openoffice.gl -- Correo a [email protected] para saber como desubscribirse O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/ As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar
