2012/4/4 Cristina Uceda Camba <[email protected]>:
> Ola de novo a todos!
>
> Sigo coa axuda e acaba de aparecer o termo (se lle podo chamar así) "Hard
> returns in pasted text" e non teño nin idea do que é. Só aparece unha vez
> en toda a parte da axuda. Se o busco na Wiki tampouco o atopo, e como vai
> inserido en código, non teño contexto para sacar o que é.
>
> Alguén podería axudarme? Moitísimas grazas pola vosa axuda :)

Ola Cristina,
Trátase dun termo de seu, clarísimo. Seguramente trátase disto
http://wiki.services.openoffice.org/wiki/Documentation/FAQ/Writer/FormattingText/How_do_I_remove_a_large_number_of_hard_returns_from_text_that_were_pasted_into_my_document%3F

Poderiamos traducilo como

"quebras forzadas no texto pegado"

Por documentar un pouco o tema:

en <bookmark_value>hard returns in pasted text</bookmark_value>
pt-br <bookmark_value>retornos incondicionais em textos colados</bookmark_value>
fr <bookmark_value>Retours à la ligne dans les textes copiés</bookmark_value>
es <bookmark_value>saltos de línea forzados en el texto pegado</bookmark_value>

Así que, buscando, temos que se trata dun termo con dúas formas
soft/hard + break/return

que responden ao campo de formatado de texto nun procesador; nese campo temos

gl
breaks = quebras (manual, de liña, páxina e columna)
line breaks = quebras de liña

(agora propostas)

hard returns/breaks =  quebras forzadas (en LibO aparece o caldeirón,
esa especie de P invertida, cando lle das a Ctrl+F10 ou Ver >
Caracteres non imprimíbeis)
soft returns/breaks = quebras normais (axustes automáticos de liña)
carriage return= retorno de carro

Outra vez hai que afinar o tema do ficheiro de apoio á terminoloxía
que está en Pootle

-- 
Antón Méixome - Galician Native Lang Coordination
Blog about Galician Office Suite
Galician community OOo.org & LibO
http://blog.openoffice.gl

-- 
Correo a [email protected] para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

Responder a