O 17 outubro 2014 23:56, Anton Meixome <meix...@certima.net> escribiu:
> Alguén preparou esta estatísica onde se pode que, na miña opinión o
> futuro de AOO está case sentenciado
>
>
> https://github.com/apache/openoffice/graphs/contributors
>
> https://github.com/LibreOffice/core/graphs/contributors
>
> Parece ser que IBM retirou o equipo de desenvolvemento que tiña en
> AOO. En consecuencia o esforzo polo mantemento da galeguización AOO
> vaise ir conxelando/abandonando pola miña parte.

Acabo de mirar os datos e non me cadra que en OpenOffice non se fixera
nada (absolutamente nada) desde maio de 2014 (hai 5 meses), e mirei no
repositorio orixinal onde hai un commit de hai 2 días:
http://svn.apache.org/viewvc/openoffice/trunk/

Unha mirada máis a fondo dime que todo isto é debido a que cando se
importa o proxecto a GitHub, as contribucións de usuarios non
rexistrados en GitHub non se mostran nesa páxina.

Aínda así non vexo fallo en concentrar os nosos escasos recursos no
proxecto con máis futuro e máis activo.


Deica

-- 
Correo a discuss+unsubscr...@gl.libreoffice.org para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

Responder a