Hoxe nace, en fase de probas, A Forxa <https://forxa.mancomun.org/>, o repositorio galego de Software Libre, onde terán cabida os proxectos desenvolvidos pola comunidade galega promovidos dende as empresas, institucións, usuarios... O novo servizo integrado na iniciativa Mancomun.org necesita das vosas iniciativas, suxestións ou melloras polo que poñemos a disposición vosa a lista de usuarios <http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/forxa> para que participedes neste novo e prometedor proxecto.
A Forxa nace como resposta á necesidade da comunidade de desenvolver proxectos participativos. A Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información <http://www.conselleriaiei.org/ga/dxpisi/index.php> asinou un convenio de colaboración coa Universidade da Coruña para a súa posta en marcha e mantemento polo que esta institución levará a cabo labores de dinamización, investigación e soporte para os proxectos albergados na Forxa. Nestes proxectos participarán axentes, empresas, universidades e administracións pública e calquera persoa ou institución interesada. Finalmente decidiuse adoptar o software colaborativo GForge <http://gforge.org/projects/gforge/> localizándoo e adaptándoo ao entorno participativo de Mancomun.org. O software estará dispoñible na Forxa para o seu exame, detección de erros e desenvolvemento de melloras. Desexaríamos ter a vosa participación activa nesta nova iniciativa que pretende servir coma punto de encontro dos proxectos libres que se desenvolvan no noso país. -- Xoán Fernández Mancomun.org Iniciativa Galega polo Software Libre www.mancomun.org xoanf en cesga.es Telf: 981 56 98 10 Ext:247 Fax: 981 59 46 16 Centro de Supercomputación de Galicia Avda. de Vigo s/n (Campus Sur) 15705 Santiago de Compostela ------------ próxima parte ------------ Borrouse un adxunto en formato HTML... URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/forxa/attachments/20070117/3cb70a39/attachment.htm
