Considero que sería óptimo buscar unha palabra única en lugar dunha fórmula porque en moitos casos falamos dunha técnica ou dun procedemento para que algo funcione correctamente e unha frase non se adecúa en moitos casos ao contexto concreto, nos que se pide un verbo. Por esa razón en moitas linguas acábase por reducir a "solución/solucionar" que eu considero inapropiado porque en realidade non á "solución" dun problema senón precisamente a maneira de rodealo.
En galego a forma máis neutra sería dicir "arranxo". Secundariamente propoñería amaño e apaño, por esa orde. Datos: en. workaround (work-around) (formas alternativas en inglés: solution, adjustment, fix, repair, answer, fixing-up, re-fitting, remedy, way out of a problem; Way out of a problem) Definición: Solución temporal dun problema, non correctora. Equivalentes rexistrados: fr. solution de rechange, palliatif, (correction de probleme, solution de contournement Microsoft) es. solución, arreglo (solución alternativa (Microsoft) it. soluzione alternativa (Microsoft) pt-br. gambiarra, solução alternativa, reparo (Microsoft) pt. solução, correcção do erro ct. ? gl. Solución alternativa (SuSE) ro. rezolvarea E de paso... workbench? -- Antón Gómez Méixome .:lingüista:. www.mancomun.org Centro de Referencia e Servizos de Software Libre Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) Tel/ Fax: (0034) 981 957 867 // 881 999 113 <meixome @ mancomun.org> ------------ próxima parte ------------ Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano... Nome : meixome.vcf Tipo : text/x-vcard Tamaño : 854 bytes Descrición: non dispoñible Url : http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090608/d21589e7/attachment.vcf