2009/7/6 Antón Méixome <meixome en mancomun.org>:
> Ola,
>
> Quero informarvos de que, en principio imos regularizar as nosas traducións
> de draft como "borrador" entre os proxectos de Gnome e Mozilla. Convídovos a
> valorar esta decisión para ver se fose consensual na comunidade e
> incorporala como tal consenso.
>
> Intentamos limar os aspectos diverxentes que se revelan ao facer unha
> revisión completa da tradución histórica e dos distintos proxectos entre
> eles.
>
> Mozilla tiña "esbozo" e Gnome "borrador", sempre referíndonos ao mesmo tipo
> de sentido. O problema é que non significan o mesmo.
>
> Esbozo ->debuxo
> Borrador -> escrito
>
> Borrador tamén é así e todo KDE. Borrador non ten sinónimos, así que esbozo
> non pode considerarse como tal. Polo contrario o  sinónimo de esbozo é
> bosquexo. É claro que o valor que corresponde é o de borrador.
>
> En todo caso gustaríame obter a opinión da comunidade, creo que non se
> discutiu este termo e por se acaso hai algún aspecto máis que ter en conta."

Penso que "borrador" non ten problemas. Quizais sexa bo especificar
outra tradución para o ámbito gráfico, pero ata certo punto penso que
borrador tamén podería valer.

Ata logo,
                      Leandro Regueiro

Responderlle a