O Martes, 7 de Xullo de 2009 14:07:51 Leandro Regueiro escribiu:
> E pensas que iso quedou atrás: mirade as traducións de KDE!

Ejem!, como son parte implicada, e xa recuperei o portátil (se dou coa 
notificación orixinaria digo como), teño que expor:
-1: Eu son o único elemento de KDE que empregou unha norma diferente da 
oficial.
-2: En 4.0 e sucesivos empregouse a norma oficial en exclusiva, agás polos 
erros que hai debido á falta de corrector ortográfico.
-3: En 4.3 comezouse a aplicar de xeito sistemático o corrector ortográfico, á 
costa das estatísticas. Isto quer dicir que ficheiro que toco ficheiro que 
reviso por enteiro co corrector activado.

-Finalmente: para revisar correctamente e con garantías de norma 
reintegracionista de mínimos a norma oficial é preciso tocar o ficheiro do 
dicionario que conten as raíces.

> > Mozilla, GNOME e OpenOffice a esta altura debería ser prácticamente

si, e corrector ortográfico debería estar activado por omisión, pero xa ves.

> propoño crear un sistema web de discusión, 

vaille dando!

> E comprendo que á xente non lle guste volver a abrir o debate, pero xa
> digo que debemos abrir o debate, debater todo, gardar toda a
> información do debate e mailos resultados, e despois pechar o debate
> para sempre.

Home, non creo que a ninguén se lle pase pola cabeza abrir un debate para ver 
se a tradución de «add» é engadir, a non ser que sexa para un contexto moi moi 
moi moi moi moi moi moi concreto e delimitado.

E para contextos moi*8 concretos e delimitados non creo que haxa consensos aos 
que chegar.

> > Estupenda idea! A verdade é que xa levamos bastante tempo sen xuntarnos.

Pois a min, a partir de decembro váicheme ser difícil ir a ningures onde non 
haxa onde quentar biberóns.

> > Pero esta vez sen pinchos nin nada, que estamos en crise! :) Eu apúntome!
> > Propostas?
>
> Non nos fan falta pinchos, fainos falta un lugar, unha data e unha

Comorrrrrrrrrrrrrrr????????????????????????????????????????????????????????????????????



Responderlle a