E ninguén vai facer nada?

2009/7/9 tonio <toniolugo en gmail.com>

> Pois é o que hai... Galiza vota a ignorantes-especuladores e Galiza ten o
> que ten... que queremos de gobernantes que pensan que un organismo público
> se pode xestionar como se fose unha empresa privada?????????????
>
> Esta claro que esta xente debería de viaxar máis, ir a California, a
> Alemania, A Francia,... Ostias!!! estados gobernados pola dereita que
> apostan polo Sw libre... logo esta claro que o problema o teñen primeiro na
> súa ignorancia e segundo no fobia a todo aquelo feito polo bipartido; así se
> goberna aquí, desfacer o que outros crean ainda que só sexa por eliminar a
> súa pegada, de nada importa se algo funciona ou non, simplemente se elimina
> polo feito de ser creado polo ribal político.
>
>
>
> 2009/7/9 Minhoca <minhoca en ciberirmandade.org>
>
>
>> http://www.ciberirmandade.org/sitio2009/index.php?option=com_content&view=article&id=908&catid=92&Itemid=130
>>
>> Acaba de ser publicada a folla de ruta tecnolóxica da Xunta do Partido
>> Popular e todo parece confirmar os peores agoiros que ameazaban os
>> proxectos tecnolóxicos iniciados polo bipartito. Iniciativas tan
>> positivas como Mancomún, Galinux ou a Rede de Dinamización quedan
>> condenadas a desaparecer unha vez que o PEGSI sexa derogado polo novo
>> "Plan Estratéxico Global" que se licitará neste mes de xullo.
>>
>> Tal como se pode comprobar no documento aprobado hoxe, a Xunta do
>> Partido Popular acaba de aprobar un plan no que os proxectos
>> tecnolóxicos do bipartito desaparecen completamente, sen propoñer
>> alternativas concretas que os reemprazen.
>>
>> En contra das promesas electorais de Núñez Feijóo -lembremos que
>> prometeu implantar o software libre na Xunta- o plan tecnolóxico nin
>> siquera menciona esta posibilidade. Esta omisión resulta especialmente
>> significativa nun dos eixos prioritarios, o do "e-goberno" (ou sexa, a
>> administración electrónica) no que nin sequera se mencionan os
>> estándares abertos.
>>
>> A falta de compromiso co software libre contrasta coas adxudicacións
>> multimillonarias feitas a Microsoft e autorizadas polo Partido Popular
>> en canto chegaron ao poder, tal como denunciou no seu día a prensa.
>>
>> Feijóo mesmo chegou a verse recentemente traizoado polo subconsciente ao
>> afirmar "Me gustaría poder tener un 'Power Point' para explicar todo el
>> plan", nunha rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. Toda unha
>> declaración de principios implícita.
>>
>> --
>> ---
>>      Saúde.
>> ......................................................................
>> Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.
>>
>> CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
>> http://www.ciberirmandade.org
>>
>> A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
>> ......................................................................
>>
>> _______________________________________________
>> G11n mailing list
>> G11n en mancomun.org
>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>>
>
>
>
> --
> Toniolugo_
> toniocastro.wordpress.com
>
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090710/4edc99c7/attachment.htm
 

Responderlle a