Como concordo con todo e a acho moi ben escrita, coa venia e se non houber
inconveniente, fago miña esta carta e vouna reenviar aos mesmos
destinatarios, con copia oculta a todos os meus contactos galegos ou
residentes na Galiza.
Grazas, Marce.

Saúde,

--
Manuel Souto Pico
Linguistic Services (en/fr/pt/ca > gl/es)
Tel. +34 686.846.554
m.soutopico en gmail.com
http://www.msoutopico.es/


2009/7/12 marce <mvillarino en gmail.com>

> Prezados responsábeis da política tecnolóxica da Xunta:
>
> O Goberno galego aprobou no seu Consello do pasado 9 de xullo un conxunto
> de
> medidas que conforman a política tecnolóxica da Xunta ata o ano 2010. Para
> a
> miña sorpresa, comprobo que neste plan non aparece referenciada ningunha
> iniciativa de promoción do software libre ou de continuidade das existentes
> (como as Oficinas de Software Libre Universitarias ou Mancomún) nin
> tampouco
> compromiso algún para implantar estándares abertos na administración
> electrónica da Xunta.
>
> O uso de software libre na Xunta suporía aforrar millóns de euros que
> actualmente se gastan en licenzas para usar programas que poderían ser
> substituídos polos seus equivalentes libres e gratuítos, igual que fixeron
> outras administracións públicas de toda Europa. A este respecto debo
> lembrarlle que durante a pasada campaña electoral o Partido Popular que
> actualmente goberna na Xunta prometeu literalmente:
>
> «Impulso da implantación de software libre e uso de estándares abertos na
> Administración Autonómica, compartindo e reutilizando o software que fose
> creado con diñeiro público, sen posicións dogmáticas fronte a catro anos de
> bipartito de impulso teórico e enchido de adxudicacións de software
> privativo»
>
> Como cidadán consciente da transcendencia que teñen as novas tecnoloxías da
> información e da comunicación para o futuro deste pais e o da súa lingua,
> quero manifestarlle a miña fonda preocupación pola ausencia total de
> compromiso neste sentido que está manifestando o actual goberno coas
> tecnoloxías libres, identificadas pola Comisión Europea como únicos
> garantes de
> interoperabilidade así como polo Goberno do Estado español. Galiza non pode
> quedar illada das autopistas internacionais da información e o software
> libre
> pode contribuír manternos conectados.
>
> Como poderá comprobar, son moitas as persoas que comparten comigo estas
> preocupacións que están levantando unha considerábel alarma social posto
> que
> afectan a proxectos da Xunta que teñen unha grande aceptación. Por este
> motivo
> considero conveniente e necesario que se posicione vostede con urxencia
> publicamente para aclarar o futuro de Mancomún así como o resto das
> iniciativas de promoción do software libre existentes.
>
> Finalmente, quero convidalo a potenciar as positivas actividades do Centro
> de
> Referencia e Servizos de Software Libre (Mancomún) posto que grazas a esa
> iniciativa dispoñemos hoxe en día no noso idioma dos programas informáticos
> máis populares como o navegador Firefox ou a ofimática OpenOffice.
>
> Sen máis, despídese atentamente.
> Marcelino Villarino Aguiar
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090713/867a9320/attachment-0001.htm
 

Responderlle a