> Ademais falando de integración, esquecín dicir que en KDE dá igual os
> programas por defecto que teñas que FF úsache Nautilus, Brasero, totem,
> deluge... para abrir as cousas, e de que eu sepa non hai xeito posible de
> establecer que programas queres usar. Disto xa hai bug abertos (irresolutos).
> E q a min todo isto sóname a 'bias', a preferencia.

A min tócame bastante o carallo que cando lle dou a baixar un ficheiro
cun formato para o que o Firefox non ten asignado un programa ou ten
un que non me interesa, se lle quero especificar o MEU programa teño
que buscar o executable a pelo no sistema de ficheiros. Xa non é que
lle pida que me mostre a lista de programas do Gnome nin outras cousas
polo visto moi avanzadas, senón que nin sequera me abre o choio para
que busque onde todo o mundo sabe que están os executables, senón
noutro directorio que non ven a conto.

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Responderlle a