2008/11/19 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>

> >> >> Son Anxo Otero, alumno de postgrao da Universidade de Vigo. Parte do
> >> >> traballo de investigación titelado (TIT) que estou a facer coa
> supervisión
> >> >> de Xavier Gómez Guinovart, vai consistir en ampliar o corpus
> LOGALIZA. A
> >> >> nosa intención é facelo coa última versión do Firefox, aínda que sexa
> unha
> >> >> versión beta. Agora ben, non sei con quen poñerme en contacto para
> saber se
> >> >> podo contar coa axuda de Mancomún. Alguén me pode botar unha man?
> >>
> >> Por curiosidade, o logaliza este ten traducións de que software?
> >
> > http://sli.uvigo.es/CLUVI/corpus.html#logaliza
> >>
> >> Podemos acceder a ese corpus para usalo os tradutores voluntarios como
> >> estamos usando o corpus de mancomun?
> >
> > http://sli.uvigo.es/CLUVI/#logaliza
> >
> > Sorpréndeme estas preguntas ;)
>
> Vale, formulei mal as preguntas. Este sistema permite consulta que non
> sexan mediante esa interface web (é dicir, algo para montar un plugin
> coma o do open-tran do gtranslator)?
>
>
> >> Por outra banda comentar que estamos mirando de montar un glosario de
> >> terminoloxia comun sobre TBX para terminoloxia referente ó software, e
> >> tiña interese en saber se algún ou algunha de por aí sabe algo do tema
> >> e/ou está interesado/interesada en colaborar.
>
> Anxo sinaloute coma unha persoa que poderia estar interesado nisto.
> Tes tempo e/ou ganas?


Buscando outra cousa na miña caixa do correo encontrei este correo vello, e
esta pregunta non sei se ía para min ou para quen. Pero si poderia estar
interesado en colaborar. Coas palabras glosario, terminoloxía, software e
TBX fágome unha idea, pero alguén pode explicar ben en que consiste a
tarefa? Hai alguén xa facendo algo?

Saúdos, Manuel

>
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090213/c730bd5e/attachment-0001.htm
 

Responderlle a