2009/1/12 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>:
>> O problema é que moitas delas non son correctas, ou son variantes expresivas
>> (arrañaceo !!, etc ) de palabras comúns... e, por outro lado, case non hai
>> nada do ámbito informático.polo que o número de candidatas a incorporarse 
>> ao
>> dicionario será moito menor e precisa dunha minuciosa peneira...
>>
>> Non o digo por desanimar senón como aviso de que non se utilice esa lista
>> como parte dun vocabulario porque hai demasiado que filtrar. A partir do día
>> 15 sacaremos un listado o máis depurado posíbel e máis enfocado ao campo
>> informático...
>
> Xa sabía eu perfectamente que ía haber este problema. Sorprendeume un
> pouco a cantidade de palabras que neses diccionarios aparecian co b ou
> o v cambiados respecto a como son agora (p.ex. "asovallar"). Por outra
> parte fíxeno porque habia certas palabras (non moitas) que me
> sorprendeu que o corrector non aceptara porque eu pensaba que eran
> correctas.
>
> Non me desanimei. Sabia perfectamente que o traballo este era unha
> barbaridade, pero sigo pensando que non foi mala idea. Dame igual que
> as palabras teñan que ver ca informática ou co que sexa, son palabras
> que todo corrector medianamente bo debería aceptar.
>
> Por certo, sigo algo "desgustado" co feito de que o corrector non
> ofrece a solución mellor e só a máis aproximada. Supoño que será pola
> idea que tiñan os programadores cando se fixo.

Engado a lista de palabras sacadas do digalego. Sendo algo máis actual
non deberia haber tantos problemas coma cos outros. Se se quere
consultar a entrada da palabra só hai que visitar o enderezo
http://www.digalego.com/diccionario/Html/index.php?op=ver&id=NUMERO
onde cambiamos NUMERO polo número da liña no ficheiro txt.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro
------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome     : digalego.txt.tar.gz
Tipo       : application/x-gzip
Tamaño     : 219638 bytes
Descrición: non dispoñible
Url        : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090227/6b9150b1/attachment-0001.bin
 

Responderlle a