>> Dende o ponto de vista lingüístico o único que poderá ser unha novidade
>> pra algúns é a substitución masiva de -ble por -bel, en coherencia cos
>> principios xa expostos na rolda g11n e buscando acercar posturas entre
>> os sectores máis isolacionistas e os máis reintegracionistas, e ista
>> posibilidade que fornecen as nosas Normas semella ser bastante conveniente
>> a istes efeitos.
>
> Dacordo. Mais recordo o que as normas da RAG din:
>
> "Para aqueles casos en que se ofrecen varias posibilidades, indepen-
> dentemente de que estas estean na fala ou en usos escritos ou sexan xa
> de uso xeral, o texto destas Normas vai acompañado de notas, impresas
> en letra máis miúda. Estas notas tratan de explicar as razóns que motivan as
> propostas normativas, que se apoian, por outra parte, nos princi-
> pios anteriormente expostos de maneira xerárquica. Nalgún caso moi
> concreto, debido á presenza forte e tradicional de certas solucións, ofrécese
> provisoriamente a posibilidade de optar entre unha ou outra pro-
> posta normativa, por máis que unha das alternativas apareza presentada
> como prioritaria. As propias Normas foron redactadas escollendo, de
> entre as dobres alternativas, aquelas opcións que pareceron máis reco-
> mendables."
>
> dito doutra maneira, inda que a RAG escolla para redactar as Normas unhas
> determinadas solucions, que cree m´ais correcta,  a propia Norma establece
> como v´alidas calquera das d´uas, a igual nivel.
>
> Sendo isto asi non considero prioritario que as traduci´ons de Gnome
> rectifiquen escollas detro do que a propia norma permite. Penso que hai cousas
> abondo antes, como a revisi´on das traduci´ons; establecer consensos en
> materia terminoloxica basica ou conseguir un sistema completo localizado
> (distribucion + escritorios + ferramentas linguisticas)

Se isto é certo teño razóns para opoñerme. Non vou propoñer que se use
esta ou a outra opción, pero eu seguirei usando -ble (ía usala de
tódolos xeitos).

>> Ademais facer notar que as propostas terminolóxicas que non resultaran
>> consensuais (lembro agora mesmo a de pestana/separador, pero había algunha
>> outra) deberán ser sometidas a debate público, tal como me comprometín.
>
> na lista de trasno xa debatemos habitualmente estes puntos; eu animo a que
> todo o mundo se sume aos debates nesa lista e que se asuman.  Hai unha boa
> cantidade de termos nos que diferimos pero hai unha chea deles nos que non hai
> d´ubidas, IMHO.

Concordo. A ver se nun futuro probable peneiro outra vez as mensaxes a
ver cantos termos debatidos atopo.

>> Unha vez obteñamos o acordo ao respeito, integrarémolo na memória de
>> tradución e só nise momento distribuiremos a versión final.
>
> sinceramente, isto pode levar MOITO tempo se o modo de discusi´on ´e
> telematico. Inda sendo nun evento... Non credes que se debe intentar unha
> primeira aproximaci´on (elementos graficos basicos...) e logo ir revisandoa e
> ampliandoa?. D´adelle nome ´as revisi´on:  alpha1... ; isto mesmo se fai coas
> ISO.

Tamén concordo.

>> O mesmo para o resto das traducións que estamos a producir agora mesmo dende
> Mancomún,
>> básicamente: o DVD da PEME máis o que Nacho nos diga que traduzamos de
>> GNOME. E falando de GNOME penso en KDE; non se me ocurre cómo axudar, alén
>> de fornecer ferramentas e recursos que a iles lles poidan resultar útiles.
>
> en KDE penso que agora mesmo somos unha comunidade activa polo que axuda
> directa na traduci´on creo que non deberia ser necesaria. Creo que as axudas a
> Gnome e KDE deberian ir m´ais orientadas a 1. conseguir que funcionen/mellorar
> os diccionarios (golfiño est´a ben, pero fai falla un diccionario en Hunspell
> que avance e se amplie) 2. loxistico: axudarnos coa organizaci´on futura de
> eventos (lease o que Marce nos di de KDE- España) e 3. promoci´on dos
> escritorios
>
> A todo isto, xq non un Gnome/KDE-Galiza ou un grupo paraugas "Linux Galiza"?
> Serivir´ian para crear "Momentum"?.
>
>> Creo que un bon momento pra poñer os temas lingüísticos pendentes enriba
>> da mesa e resolvelos é o encontro no que estamos a pensar pra setembro.
>
> si, agora que Setembro pareceme pronto e en mala ´epoca para os estudantes:
> igual as primeiras semanas van mellor. Opinion do resto?

Que ti teñas os exames ó final do mes non implica que os outros non os
teñamos ó comezo. Do 1 ó 10 teño exames ou estarei flaxelándome por
telo feito tan mal, así que esas datas véñenme non moi ben.

>> importante que sexamos capaces de resolver os flecos pendentes pra poder
>> iniciar o proceso de desenvolvemento dos recursos lingüísticos dos que
>> tantas veces temos falado (base de datos terminolóxica, pootle e demais).
>
>
> PD: texto mal acentuado ;) ; teño o teclado mal configurado... ando trasteando
> no becho))

Home, para iso non acentuaras e aforrábasnos a dor de ollos.

Estou dacordo co do recurso de astronomía. Nunca se sabe a quen lle
interesará. Por certo, non sei se no proxecto Decathlon tiña colgada a
tradución dun programa de astronomía, así que igual lles interesaba
tamén (non atendo moito a ese proxecto a verdade).

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a