On 5/10/07, xabier <xabier en tagenata.com> wrote:
> Bueno, creo que o glosario do Cesga ter un traballo
> cientifico-lingüistico da investigación bastante potente, ainda que eu
> siga a pensar que ao mellor tería collido outras solucións (sobre todas
> as que comentei antes).
>
> O glosario vexoo como unha guía, despois cada un seguira probabelmente a
> seu librillo.

Eu tamen penso asi

> O Xov, 10-05-2007 ás 12:46 +0200, Dani Muñiz escribiu:
> > Ola:
> > Eu son dos que pensa que o mellor é consensuar, e como comentei antes
> > sempre vai haber onde o tradutor pon o seu gran de area.
> > Tan difícil é chegar a un acordo?
> > Xabier comenta "glosario do Cesga está validado polo Termigal", isto non
> > quita que á hora de escoller un termo ou outro non haxa criterios mais
> > ou menos persoal (subxectivo) pois as veces poden haber mais dun temo
> > que se adapta á tradución (ollo!! eu non son experto en nada, o meu é so
> > unha opinión).
>
> Hai termos que se tardaou moito en chegar a un acordo. O galego non está
> normalizado no eido das tecnoloxía (e en outros moitos), polo que
> imaxinate tendo en conta como somos os galegos e galegas, o que se tarda
> en chegar a ese acordo ;-) .

Supoño que si, pero que eu saiba non se contou moito con nós.

> > Eu non son un entusiasta do galego da RAG mais aceptoo a pesar de que
> > este organismo non vela nin traballa polo galego o suficiente (por dicir
> > algo).
> > En definitiva, penso que sería bo que os tradutores fixésemos un esforzo
> > por consensuar un glosario e que os do cesga (mancomun) da a impresión
> > que van por libre (iso non me gusta).
>
> Non creo que vaian por libre, máis ben creo que algunhas veces son
> parcos/as na información que dan, o que deriva en malos entendidos.
> Na miña opinión tiñan que estirarse un pouco máis cando dan as noticias,
> porque despois andamos despitados/as.

Deberian ter avisado antes de que estaban traballando nisto. Cando
montaran Mancomun eu lera nalgures que era para avanzar colaborando
coa xente que xa estaba a elo. No caso do glosario non vexo
colaboración ningunha con nós. Básicamente enteramonos cando xa está
feito.

Ata logo,
                 Leandro Regueiro

Responderlle a