Ata certo punto, o que vexo é que cadaquen vai á súa bola. O Termigal
por un lado, a RAG polo outro, e nós intentando atopar saber quen é o
que manda e escollendo entre opcións cando non o deberiamos facer.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

On 6/12/07, dmunhiz <dmunhiz en gmail.com> wrote:
> Arribi:
> Penso que son cousas diferentes, "gracias" non é aceptado (é unha
> entrada incorrecta) pola RAG, do que se está a falar é de dous termos
> válidos e aceptados (lingüeta/separador) que segundo Leandro lingüeta é
> mais correcto en canto a significado.
> Saúdos
>
>
> Remitente:
> Daniel Muñiz Fontoira
> Eu uso software libre [1]
> [1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html
>
>
> J. Arribi escribiu:
> > Ola Leandro:
> >
> > Leandro Regueiro escribiu:
> >> O certo é que despois de estar eu hai meses mirando cal sería a
> >> tradución máis axeitada para "tab" decanteime por lingüeta. Esta
> >> opción é correcta, cando menos segundo o meu diccionario de galego. E
> >> prefiroa a separador, xa que parece que separa algo, ou aba, xa que
> >> creo que non reflicte totalmente o significado de tab.
> >>
> >> Se a xente de Mancomun prefiriu unha forma que eu creo que leva a
> >> confusión, cando menos a min, alá eles. Eu prefiro a tradución
> >> lingüeta.
> >>
> > Nós non escollemos unha ou outra opción terminolóxica. Como xa
> > comentamos nalgún correo anterior os termos do glosario están
> > sancionados polo Termigal. Nós non somos lingüistas.
> >
> > Por outra parte, dicirche que me parece moi valorable que cada un use a
> > opción que prefira. De feito, eu decidín usar gracias no canto de
> > grazas, pero as opcións persoais son iso, persoais. Creo que é moi
> > recomendable para o idioma que exista unha institución que uniformice
> > como chamarlle aos novos termos, neste caso informáticos, e esa
> > institución é o Termigal, non mancomun.org.
> >
> > Saúdos.
> >
> > J. Arribi
> >
> >
> > _______________________________________________
> > Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
> > Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
> > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego
> >
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscribe en trasno.net.
>

Responderlle a