Xa se lles deu tempo para que decidiran que é o que van facer con Mancomun. Penso que é hora de solicitarlles que nos aclaren o que van facer. E non entendo que o despedimento dalgúns ou de todos os traballadores de Mancomun signifique que Mancomun vaia desaparecer aínda que teño que dicir que me preocupa as poucas explicacións sobre o futuro que me chegaron.
O feito de que haxa que actuar con prudencia ou agardar, non quita que se vaian pensando as accións a tomar nos probables escenarios futuros... Ata logo, Leandro Regueiro