http://www.anosaterra.org/nova/35133/o-estado-reprende-a-xunta-polo-paron-do-idi-.html

CEN DESPEDIMENTOS NA NOVA XUNTA
O Estado reprende á Xunta polo parón do I+D+I

M. V .  Cesga, Mancomun e Rede de Dinamización. Estes son algúns dos 
centros da innovación pública nos que a nova Xunta do PP está a despedir 
traballadores, en primeiro lugar aos que tentaron crear comités de 
empresa, segundo denuncia a CIG. Despedimentos que están a deter o I+D+I 
no país, como lle espetou publicamente o director do centro estatal de 
desenvolvemento tecnolóxico ao conselleiro de Economía nun recente acto 
público.
------------------------------------

No seu discurso de investidura, Alberte Nuñez Feixóo prometeu, entre 
outras grandes declaracións de principios, non tirar por terra os 
avances dos seus predecesores. Promesa que non se está a cumprir, polo 
menos no I+D+I e nas novas tecnoloxías.

Cambio de coordinador do CIS Galicia

Máis de cen traballadores de programas da Xunta de novas tecnoloxías e 
innovación están a recibir estes días carta de despedimento ou avisos de 
extinción de contratos segundo fontes sindicais. Son asalariados do 
Centro de Supercomputación de Galicia, a Fundación para a Calidade do 
Fomento Industrial e da Sociedade da Información, o Observatorio Galego 
da Sociedade da Información, o programa IMAN e a Rede de Dinamización da 
SI, entre outros.

Tamén podería haber despedimentos no CIS Galicia, despois de que a 
Consellaría de Innovación e Industria cesase esta semana o coordinador 
deste centro ferrolá, Xosé Somoza. Fontes da Consellería de Innovación 
aseguran que non foi un despedimento, senón unha baixa voluntaria por 
marchar ao rematar unha comisión de servizos que tiña este experto na 
Universidade de León.

Maurici Lucena sácalle as cores a Xavier Guerra

En todo caso o alto número de despedimentos están a causar unha 
diminución na actividade do I+D+I galego segundo os traballadores. De 
feito, mesmo o Estado reprendeu publicamente a Xunta por este motivo.

Así, o director do Centro para el Desarrollo Tecnológico e Industrial, 
díxolle publicamente ao conselleiro de Industria que o desde o Goberno 
Central se vía con moita preocupación o descenso tan considerábel da 
actividade en I+D+i que estaba sufrindo Galiza nos últimos meses.

Maurici Lucena, do Ministerio de Ciencia e Innovación, lanzoulle a 
Xavier Guerra esta recriminación en público, diante de máis de 350 
representantes do sistema galego de I+D+i, nunhas xornadas sobre 
innovación o 16 de setembro.

A CIG denuncia 'represión sindical' tras seren despedidos os que quería 
montar comités de empresass

Con todo, a nova Xunta do PP proseguiu coas notificacións de 
despedimentos. Segundo denuncia o secretario nacional da CIG autonómica, 
Manuel Gallardo Canitrot, os primeiros en caer foron traballadores que 
se tiñan dado o paso adiante de montar comités de empresa na Fundación 
para a Calidade do Fomento Industrial e da Sociedade da Información.

Por iso Gallardo acusa a administración de ?represión sindical? e 
lémbralle a Guerra que a ?administración non ten cor política?. O 
sindicalista denuncia que os despedimentos fanse mentres o Goberno 
presume de que vai crear unha nova axencia público de I+D.

Na súa opinión, os traballadores despedidos deberan conservar o seu 
posto de traballo até a creación da axencia e logo poder concursar a 
unha praza neste ente.

A Xunta fica sen especialistas en I+D

Gallardo alerta de que os despedimentos prexudican o rendemento do I+D 
público galego porque ?non temos constancia que haxa persoal propio da 
Administración para facer este traballo?. ?Rematouse o I+D na Xunta ou 
quen o vai facer??, pregúntase o sindicalista.

O representante da CIG insiste en que varios dos despedimentos foron de 
xeito improcedente e son ?represariados sindicais e políticos porque a 
CIG promoveu eleccións nesas fundacións?.


-- 
---
      Saúde.
......................................................................
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
......................................................................

Responderlle a