-----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE----- Hash: SHA1 Ola a tod en s,
este posicionamento como dixo Miguel, era algo moi previsto de antes e que se levan facendo cousas dende ben atrás. Por parte do GLUG tuvemos varias iniciativas entre as que foron levar a cabo http://www.glug.es/content/carta-aberta-do-glug-á-xunta-da-galiza-2009 xestionada, enviada e difundida na nosa páxina web. Hai moitas formas de batalla señores. Saúdos Minhoca escribiu: > Permitome utilizar como titulo do correo, parte dunha mensaxe enviada > por Leandro: "pero non sen guerra pola nosa parte". > > Tomo ese titulo para comezar mostrando o meu asombro porque a estas > alturas se fale de algo que xa pasou, que xa foi antes do verán, non agora. > > Ao longo do mes de xullo houbo unha serie de mensaxes nesta mesma rolda > por parte de medulio e mais eu chamando á mobilización, e dende a > ciberirmandade tomamos a iniciativa de dar batalla. Consecuencia dese > movemento houbo reaccións en chuza, meneame, A Nosa Terra, Codigo Cero, > CIG, Galicia Confidencial, Xornal.com, BNG, .. So me consta que Melisa e > Agnix reaccionaron publicando unha nova no seu web a este respecto, ao > tempo que na rolda dos Guls houbo debate sobre o envio dun correo > certificado á Xunta. > > A falta de reacción no mundo da traducción desconcertounos a moitos, e á > volta do verán, abrimos un debate na ciberirmandade. A proposta aceptada > foi a de ofrecer recursos á comunidade para que o traballo que se viña > facendo no paraugas de mancomún, puidese seguir dende fora dos pezuños > da administración. > > Quero deixar aquí, xa que logo, constancia da continuidade da > CiberIrmandade no traballo con vistas a un proxecto de futuro serio e > independente que manteña o concepto de Mancomún. > > Independentemente de como vaian as cousas, quede claro que pola miña > parte non vai haber problemas, e por parte da ciberirmandade penso que > tampouco (manteremos o ofrecemento do uso das nosas ferramentas a quen > as queira utilizar). > > Como remate, indicar que os debates na ciberirmandade, do mesmo xeito > que vimos facendo nos nosos 13 anos de presenza na Rede (o que nos fai a > organización vencellada á lingua máis antiga na mesma), seguen sendo > públicos; achego ligazóns a algúns debates sobre isto nos nosos foros: > http://www.ciberirmandade.org/taboleiro/viewtopic.php?f=11&t=3505 > http://www.ciberirmandade.org/taboleiro/viewtopic.php?f=5&t=3451 > http://www.ciberirmandade.org/taboleiro/viewtopic.php?f=5&t=3450 > http://www.ciberirmandade.org/taboleiro/viewtopic.php?f=18&t=3449 > http://www.ciberirmandade.org/sitio2009/index.php?option=com_obxetivos&task=acadados&Itemid=15 > > > - -- Fran Diéguez http://www.mabishu.com - listas en mabishu.com GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986 E695 98BB 6626 A2A4 F9B8 -----BEGIN PGP SIGNATURE----- Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux) Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org iEYEARECAAYFAkrM81EACgkQmLtmJqKk+biR2gCeM4k5jUaZSccc8u2a64Q2GOvZ UJgAnR9Y2b08ybe4k61O3qEFsQUxAzIx =y2nj -----END PGP SIGNATURE-----