Boas, Acaba de avisar Susana de que temos dispoñibel a sá de videoconferencia da Faculdade de Filoloxía da USC; a falta doutras alternativas, ahí estaremos mañá mércores 14 ás 20:00 para continuar avanzando nas propostas de Cangas; por suposto, reunión aberta a quen queira participar nela, tanto presencialmente como facendo aportacións vía correo.
Saúdos e avante toda! Suso Baleato escrebeu: > Suso Baleato escrebeu: > > Minhoca escrebeu: > > > Suso Baleato escribiu: > > > > > > > > O propósito de ambas reunións será o mesmo: fazer inventario de recursos de > > infraestructura e proxectar a súa posta en común para darlle continuidade > > aos > > proxectos de Mancomún, lóxicamente priorizando os de g11n. > > > > Sobra dizer que as dúas reunións son abertas, pode participar nelas quen > > queira, > > e se alguén ten propostas (de recursos, de loxística...) pero non pode vir, > > que > > mas faga chegar directamente ao correo ou ben a traverso desta rolda. > > > > Dou conta da xuntanza de hoxe, longa como se pode ver polas horas, mais > fructífera como se verá, na que estivemos Minhoca e máis Medulio pola > Ciberirmandade, Susana Sotelo e mais eu. > > Todo o que se expón son propostas, que se expoñen eiquí para consideración > xeral e nas que continuaremos avanzando na reunión prevista para Compostela > (o mércores 14 ás 20:00) en lugar por concretar (admítense ofrecementos de > local, a ser posibel con aparcadoiro fácil). > > NATUREZA > -------- > Hai acordo pleno en que a alternativa a Mancomún non pode ser institucional > nin tampouco pode consistir en crear unha nova asociación, ou unha federación > de asociacións pola súa complexidade e por que non hai masa crítica para iso, > máxime cando Trasno está en pleno proceso constituínte, e máis se cabe cando > a cultura da "leiriña" está tan asentada entre nós, e sempre resulta > complicado > facer cousas conxuntamente. Por tanto non se trataría de crear unha nova > persona xurídica, senón un conxunto de recursos comúns que sexan útiles, na > liña metodolóxica definida no g11n, compartidos polas distintas personas > físicas e xurídicas que conforman a comunidade de localización, partindo dos > consensos aceitados por todos que permiten ir aproximando posturas mentres > cada > quen pode traballar dende o seu recuncho, e onde tanto as asociacións > existentes, > como grupos de voluntarios, voluntariado individual sen vinculación e demais > axentes colaboran de mutuo acordo e por vontade propria. Neste sentido > identifícanse os consensos do g11n como punto de partida sólido sobre o que > medrar, e por eso o foco debe continuar centrado na galeguización do software. > Todo o que veña a maiores, benvido sexa. > > NOME > ---- > Había varias propostas (Mankomuna, Komuna e outras, con "k" para marcar a > indepencia institucional) que foron descartadas en favor de "g11n", máis > neutro, menos marcado, como acrónimo de galeguización que xa coñecemos. O > motivo > é que este é un nome que todas as personas involucradas identifican > claramente, > está asociado aos consensos actuais, é curto, xa dispoñeríamos de nomes de > dominio > e de imaxe corporativa -lembrar que o traballo de deseño foi cedido á > comunidade > con este propósito. Por outra parte tampouco se trata de crear un mancomún-2 > idéntico, e por que á hora de priorizar os temas relacionados coa língua son > os > que vemos como máis críticos. > > RECURSOS > -------- > Os recursos dos que dispoñemos son: > > - Servidor adicado: sería un servidor Debian contratado pola Ciberirmandade, > con tanto espazo en disco e xigas de transferencia como sexa preciso > comezando polo mínimo e aumentando baixo demanda, todo elo até o límite > que a asociación poida costear por suscripción popular. Trataríase dun > servidor independente e separado do da Ciberirmandade que eles manterían > en funcionamento pero que sería configurado en función das necesidades > definidas pola comunidade. Neste servidor terían cabida as copias de > seguranza e os servizos "gráficos" como foros, buscador terminolóxico, > glosario, wikis, webs, e demais posibilidades que se acorden. Este servidor > ten as funcionalidades estándar dos hostings actuais con panel de control, > scripts de instalación e similares. Compre sinalar que esta asociación non > acepta subvencións, decisión que tomaron para garantir a súa total > independencia. > > - Servidor de emerxencia: trátase do servidor que eu puxen en marcha para > respaldar o proceso de desinstitucionalización iniciado en maio (ver > diagrama adxunto [1]) fornecendo un repositorio común para todas as > traducións, > unha rolda de correo (a rolda g11n de mancomún, que sería trasladada aquí) > e a xestión dos dominios g11n. Tal como pode verse no cronograma, o proceso > de desinstitucionalización estaba planificado para dous anos; posto que era > vital manter estes servizos funcionando á marxe das institucións, decidín > asumir personalmente e por adiantado o custe de mantenemento deste servidor > pois non atopaba outra alternativa para garantir a continuidade das > traducións de Mozilla, OpenOffice e GNOME. Unha vez coñecido o ofrecemento > da Ciberirmandade, e tras falalo hoxe, optei por donar este servidor, xunto > cos dominios rexistrados, como "servidor de emerxencia" que durante os dous > próximos anos garantize as comunicacións da comunidade. Transcurrido este > tempo decidiríamos conxuntamente qué fazer con eses recursos (igual para > ese día inventouse un traductor automático por intelixencia artificial e xa > non facemos falta.) > > ALCANCE > ------- > Despois de examinar o amplo espectro de actividades de Mancomún (observación, > formación, difusión, implantación, desenvolvemento, localización e soporte) e > contrastalos cos recursos que temos, viuse claro que era preciso priorizar > seleccionando aquelo que, resultando de maior importancia, poidamos abarcar. > E despois de darlle voltas, chegamos á conclusión de as áreas nas que imos > poder aportar son as de desenvolvemento -fornecendo unha copia de seguranza- > e a de localización -fornecendo a continuidade dos proxectos de localización. > > Con respeito a de desenvolvemento (forxa, araos, galinux, golfinho, monifate > e demais) enténdese que, pola súa natureza, o protagonismo debe corresponder > ás asociacións de linux e ás empresas de enxeñería software que son as que > mellor saberán selecionar qué proxectos dos existentes deben ser continuados > e cómo facelo. Porén, como non percibimos sinais de actividade deles dende > fai meses, compre evitar que pola súa falta de iniciativa desapareza todo o > código da rede. Por tanto a acción que se propón tomar é abrir unha conta no > servidor adicado para que o personal que aínda queda no CESGA poida programar > unha copia de seguranza, que quedaría accesíbel para que no futuro poida > reutilizarse o material evitando que se perda. > > Con respeito a localización, enténdese que hai un problema estructural e un > problema crítico. O problema crítico é que desapareza a rolda g11n antes de > que fora trasladada ao servidor de emerxencia, en cuxo caso a comunicación > -e o proceso de desinstitucionalización- quedaría interrompida, e por eso > acción [[ _urxente_ ]] que se propón e facer copia de seguridade da rolda de > mancomún e trasladala ao servidor de emerxencia. O problema estructural é a > falta de xente, e nesto proponse recuperar a proposta de dorfun [2] no g11n > sobre a activación de redes sociais -ou algo similar- de xeito que poidamos > atraer o interese de xente próxima ao tema da língua. Pénsase que o sistema > de roldas está ben para a xente que leva tempo, pero para a xente nova é > necesario algo máis gráfico, ben sexan foros, ben sexa intervindo en > facebooks, tuentis e demais, ou se cadra montando unha rede propria. Todo > esto habería que ilo concretando, e disporíamos do servidor adicado para > hospedalo. Proponse comezar abrindo foros. Lóxicamente habería que poñer en > marcha alternativas aos servizos que funcionan en Mancomún ou que haxa que > montar e aínda non estén, como unha web terminolóxica e similares, que irían > sendo definidos pola comunidade. > > Ben, faláronse máis cousas, pero o que vemos claro os que estivemos é isto > que tratei de reflexar. O próximo mércores xuntámonos para discutir o que se > comente até entón; reunión aberta como sempre, en canto teñamos claro o sitio > xa avisamos. > > [1] O cronograma reflexa o meu plan de traballo até 2012. Por suposto cousas > como a Ley de Estándares Abertos, o proxecto de Migración da Xunta a SW > Libre ou a consolidación do personal contratado no CESGA foron abortadas > polo novo goberno, mais a parte referida a g11n sí que sería posibel > mantela se queremos. As liñas vermellas son as tarefas "oficiais" a levar > a cabo dende Mancomún, as azuis as de comunidade, e as verdes son as miñas > iniciativas personais. Usar o zoom para vela completa: as tarefas da > parte superior correspóndense coa parte máis oficial, e as de abaixo coa > máis comunitaria, como vedes, van sincronizadas. > > [2] "Nisto Dorfun da Dorfunteca propón aplicar mecánica das redes sociais á > comunidade de tradución para mellorar a comunicación interna e para > permeabilizarse e que poida participar xente nova" nos consensos do g11n. > > > Saúdos e veña que vamos, > > > > > > > > > Penso que se logramos definir unha plataforma o suficientemente aberta > > > > para > > > > que toda esta xente teña cabida, e mesmo para atraer nova xente de cara > > > > ao > > > > futuro, entón teremos logrado o máis importante. Estou seguro de que o > > > > resto > > > > irá chegando de forma natural. > > > > > > > > > > Adiante. > > > > > > -- > > > --- > > > Saúde. > > > ...................................................................... > > > Alexandre Prieto. Vigo-Galiza. > > > > > > CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora > > > http://www.ciberirmandade.org > > > > > > A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede > > > ...................................................................... > > > > > > _______________________________________________ > > > G11n mailing list > > > G11n en mancomun.org > > > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n > > > > -- > > http://susinho.pagina.de/ > > _______________________________________________ > > G11n mailing list > > G11n en mancomun.org > > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n > > -- > http://susinho.pagina.de/ -- http://susinho.pagina.de/