>>> Entón, Fran, o 'source' de 'data source' tradúcese por 'fonte' pero no meu
>>> exemplo suxires traducir 'feed source' por 'orixe da fonte'. Non sei. Supoño
>>> que é a mellor opción, o contexto así o esixe, aínda que pareza un pouco
>>> arbitrario. Fica claro que feed é fonte, en todo caso.
>
> Non dixen tal, espera que me explico
>
> data source = orixe dos datos, partindo da base que os anglosaxóns
> transpoñen os adxectivos, "de os datos" podemos tomalo como un adxectivo.
>
> feed source = polo mesmo principio que o anterior feed = fonte, source =
> orixe.... orixe da fonte.
>
> feed para min sempre ten un significado de emanación.
> Mentres que source  para min ten un significado de lugar.

Opino igual

>>> Estou aproveitando para facer consultas antes de que nos pechen a lista :)
>>> Cando tal acontecer, supoño que os arquivos desta lista ficarán a libre
>
> Non se terminará o mundo tan pronto... Hai máis lugares onde preguntar,
> como por exemplo a rolda de trasno.net. E se non se crean.

Só en caso extremo, crear outra rolda cando xa levamos anos usando a
de Trasno para cousas deste tipo parécecheme que son ganas de
complicarse.

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Responderlle a