>>>>>> O de "facer ping" é de uso moi corrente, de feito nunca escoitei
>>>>>> chamarlle doutro xeito. Para min que é onomatopeia, coma no xogo
>>>>>> "ping-pong". A veces cando usamos a mensaxería instantánea a primeira
>>>>>> mensaxe que envia a persoa que quere contactar é "ping" e a outra
>>>>>> responde con "pong".
>>>>>
>>>>> ping está o suficientemente estendido como para voltar a reformulalo.
>>>>> Ademáis que o seu uso é tan específico que non hai porqué cambialo. Os
>>>>> informáticos nunca din outra cousa que non sexa ping e un usuario de
>>>>> "pé" non ten porqué sabelo.
>>>>>
>>>>>> O de "petición de eco" sería aceptable.
>>>>>
>>>>> non estou de acordo
>>>>>
>>>>>> "unpingable" na miña vida o vin. Cando o programa ping non consigue
>>>>>> contactar ca outra máquina entón di "unreachable" algo que por certo
>>>>>> non sei moi ven como traducir.
>>>>>
>>>>> non alcanzábel. De feito o comando ping o que envía son instrucións do
>>>>> protocolo ICMP que serve explicitamente para comprobar o alcance dun
>>>>> equipo a outro.
>>>
>>> Ségueme parecendo un pouco forzado. Mirando na súa entrada no digalego
>>> vin "inaccesible" que me gusta moito máis:
>>>
>>> http://www.digalego.com/diccionario/Html/index.php?op=ver&id=35841
>>> http://www.digalego.com/diccionario/Html/index.php?op=ver&id=35816
>>
>> Vexo que nas tradución se usou "non dispoñible":
>> http://en.gl.open-tran.eu/suggest/unreachable
>
> "Non dispoñible" não o vejo mui ajeitado já que pode dar a entender que o
>problema está do lado do destino (apagado, não responde, ocupado... vai saber),
>quando o destino bem pode estar disponível.

Tes bastante razón.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a