2009/10/23 Antón Méixome <meixome en mancomun.org>: > > Aproveito a notificación desta información para que se alguén da lista está > interesado en colaborar que non deixe de seguir a lista oficial para a > localización de openoffice. > > Inscribirse en http://gl.openoffice.org e logo subscribirse á conta > > dev en gl.openoffice.org > > -- > Antón Gómez Méixome .:lingüista:. www.mancomun.org Centro de Referencia e > Servizos de Software Libre Avda. de Vigo, s/n 15706 Santiago de Compostela > Tel/ Fax: (0034) 981 56 98 10/ 981 59 46 16 <meixome @ mancomun.org> > > > > Acabo de enviarche un correo sobre o asunto á lista oficial que debería > terche chegado hai un anaco pero vexo que a resposta é a un correo anterior. > Sigo a tradución na rama 320-m1. > > Se che pido que como coordinador me asegures que o estou a facer ben é > porque xa che comentei que a tradución da interface está feita. Non vaia ser > que despois de facer o traballo metamos a pata, non? > > Respecto a se a colaboración é polo meu traballo no Cesga para Mancomún teño > que dicir que si, ou polo menos así o creo ata que reciba instrucións en > contrario. A tradución desta versión de openOffice forma é parte, como tes > que saber, da miña responsabilidade laboral co Cesga. > > Esa tamén é a razón que explica por qué envío as comunicacións coa conta de > traballo e o porqué me preocupa máis alá do que goce con facer a tradución. > Home, tamén che digo, perdóame se o malinterpreto, pero paréceme > sorprendente que como coordinador de openoffice me digas que se despois de > estar feita non se consegue sacar a versión que non pasa nada.... non pode > haber cousa máis desmoralizante para un voluntario. > > Se o que preguntas é a miña disposición a colaborar alén da posíbel > finalización destes compromisos xa dixen que si, a miña intención é seguir a > colaborar no futuro, obviamente na medida das miñas posibilidades que non > serán iguais e, responsabelmente non podo asegurar a dedicación necesaria. > > No momento en que a miña colaboración pase a ser persoal avisareite a ti e > aos demais e cambiarei a conta de correo correspondente e o meu perfil no > proxecto. > > Como coordinador supoño que coincidirás comigo en que conviría que se > incorporase ou recuperarse máis tradutores a este equipo para non perder o > nivel de integración oficial acadado no proxecto.
+1 Desgraciadamente non dispoño de tanto tempo.