Como non sabía se estaría ben engadir o erro directamente á páxina de conversa no wiki, mándovolo aquí (como me indicou Méixome):
Ao igual que "fuxe" (xa na páxina de erros), e como supoño resulta evidente por iso de formarse igual, o imperativo P2 de subir ("sube") tamén está marcado coma erro. En fin, que cando se corrixa mellor ter presente que hai que corrixir todo verbo que se conxugue coma fuxir. Inda hai algúns :) Un saúdo, Adrián Chaves Fernández