> É a segunda vez que nas listas citas esa sorpresa, por outra banda, cando
> os
> periodistas citan exactamente eso mesmo que afirmas, negas ter dito nada
> parecido, que é unha invención/deducción dos periodistas.
>

A "sorpresa" está no contexto de falar da pouca reacción da xente respecto
do desmantelamento de mancomún.

Da entrevista, onde está a miña negación de que eu dixera o da sorpresa
pola falla de reacción? [Vieiros: "Sorprendendeunos a falta de
mobilización dos grupos de tradución", asegura Prieto."] Eu non neguei
nunca esa afirmación. Pero afirmo tamén que na entrevista mencionei
explicitamente a carta certificada e a creación da asociación de Trasno.
Foi o redactor quen decidiu o que escribia.





>
> Esas famosas xuntanzas... convocadas dun dí­a para outro, sabendo que os
> voluntario da tradución son estudantes ou traballadores que non poden
> dispor
> de tempo dun día para outro, menos ainda un dí­a entre seman.
>

Como dixen, tiven conversas directas coa Secretaria Xeral, co Director
Xeral da Función Pública, era sabedos dos movementos dos contratos de
traballo e do desmantelamento dunha parte importante do I+D+ì. Así que a
urxencia era unha realidade.

Eu tamén traballo, e teño dous pequenos que atender polas tardes. Inda
así, collín o coche e despraceime a Cangas e Compostela, voltando de
madrugada.

Mais o asunto non quedou so aí. Houbo unha chea de correos, canle na que
puido participar quen quixer. A cousa sempre estivo aberta, e segue a
estalo.




>
> Supoño que este é un punto básico, insistides nunha liña iniciada por
> vos de
> desprestixiar a constitución de Trasno en Asociación, insistindo en que
> non
> foi aberta á comunidade, cousa curiosa vindo de alguén que inicia a súa
> "plataforma" non dando chance a participación da xente ao convocala en
> tempo
> e plazo non doado, sabedores de que iso é fundamentas. Poderiamos reler
> as
> roldas nas que se falou de xuntanzas de g11n nas que o enton coordenador
> de
> mancomún fací­a enfase en facelo en fin de semana para que poidera
> asistir a
> xente. Porqué mudou ese criterio? serí­a porque tiña medo a que
> asistiran
> criticos? a dúbida está ahí­.
>


Quen desprestixia a constitución da asociación de Trasno? Podes citarme
unha soa liña miña nese sentido?

Xusto o contrario: parabéns pola constitución de Trasno. E mencionei no
meu correo que cando trasno contactou coa CIF fai moitos meses, so atopou
disposición a axudar.

Outra cousa foi o aconteder mais recente: eu non estou na rold de trasno,
e so souben de que a asociación ía en firme cando Leandro respostou a un
correo meu dicindo algo así como que "si houbo reacción: a constitución da
asociación".

Esa asociación (novamente, parabéns), foi cociñada directamente pola xente
implicada en Trasno (lóxico, por outra parte). Pero ese mesmo feito non
pode servir de argumento para dicir que o proxecto g11n é sectario, e que
trasno é un paraugas para todos.

Respecto do cambio de criterio de fin de semá a dia laboral para esas
xuntanzas de Cangas e Compostela: fun eu o responsabel. Eu comprometín a
miña asistencia, pero pedín que fose canto mais tarde mellor, e en día
laboral. O motivo xa o dixen: teño dous nenos, e o fin de semana son para
eles (xa lles roubo tempo abondo todos os dias). Mais, podes indicarme
algún texto onde se dea por pechado g11n, ou, dito doutro xeito, onde se
estableza como vai ser coas decisións tomadas sen posibilidade de
discutilas?

Se nalgo me podo caracterizar (vesaxe CIF), é por insistir constantemente
en que todo o mundo teña a palabra. Calquer decisión da CIF é publicada e
calquera pode opinar (por exemplo, esto mesmo de apoiar a g11n). E neste
proxecto, non ía ser menos. Dende logo que eu non me embarcaría (nin
embarcaría á CIF) nun proxecto "presidencialista" ou no que todo o mundo
diga amén a un lider (e se así evolucionase a cousa, eu retiraría o meu
apoio).


> Pero indo máis alá, a acusación de proceso pechado que tanto facedes,
> ven de
> xente que está nas listas de trasno, polo tanto perfectamente informada
> do
> proceso, Vostede mesmo recoñece nestas liñas: « ...materializado na
> creación
> da asociación de trasno (inda que ben sei que eso era un proxecto
> anterior).»
>


Evidentemente afirmo que "ben sei que eso era un proxecto anterior" pola
conversa que tivemos fai moitos meses (1 ano?, medio ano?) cando xente de
Trasno contactou coa CIF para unha posibel integración. Daquelas,
respostamos na seguinte liña:
- Trasno ten peso abondo como para non desaparecer (integrarse).
- Para contar co apoio da CIF, non hai que unirse a ela.
- Explicación do proceso para constituir asociación (con copia de
estatutos e acta de constitución da CIF, por se servise de modelo).
- En todo caso, podemos discutilo.

Houbo un segundo correo enviado por Trasno marcando unha serie de
condicionantes. Eu respostei cousas por riba (indicaba que estaba moi
xusto de tempo para pararme neses dias). E o seguinte correo meu, pasado
un tempo foi respostado dicindo que tomarades a decisión de constituir
unha asociación.

Parabéns pola decisión. Pero eso fora facía moitisimo tempo. Nunca mais
souben do asunto.



>
> Cando se parte de iniciar un proxecto artellando as xuntanzas de xeito que
> os demáis actores non poidan participar, dificil vexo que non se nos
> poña a
> mosca tras a ourella.

E logo, o correo non pemitiu participar?


> Se ademáis esa convocatoria parte da base da afirmación feita por un dos
> seus promotores, que en roman palatino só se pode ler como "eu coordeno e
> vos, se queredes, vide ao meu rego", non é estrano que a mosca na orella
> comeze a zumbar.

Como dixen, nunca participaría nun proxecto "presidencialista".

Considero que teño a mesma voz e voto que calquera outro.

Non discuto a pasada e actual situación dos proxectos. Discuto o futuro.


> Engadindolle a iso que de ese "coordenador" xa dixen hai moito tempo que o
> único que el fixo pola tradución foi colocarse as medallas do traballo
> feito
> pola comunidade, pois o zumbar da mosca, fai que esta se convirta en
> "cojonera".
>


Eu, polo de agora, non tiven ningún problema.


> intercambio. Certo que os periodistas redactan ao seu xeito e que buscan
> como dicir as cousas conforme, normalmete ós seus sectarios intereses ou
> o
> que a súa corta perspectiva lle deixa ver, pero é curioso que ese
> "desinformado" periodista soubera con tanta precisión da saída da
> proxina v.
> de Ubuntu e que fose quen de facelo coincidir na súa redacción como obra
> da
> "plataforma". Os que hai anos que observamos en detalle o traballo de
> certo
> individuo sabemos, temos a certeza máis absoluta de que esa foi unha
> "información dirixida".
>

Eu non falo dese "certo individuo". Falo do que eu falei co periodista.

A min enviaronme un correo, e consecuencia del, unha chamada de teléfone.
Eu respostei ás preguntas, e no medio de todo sairon unha chea de cousas.
Eu mencionei as saidas de ubuntu, mozilla e openoffice, como falei de
moitas outras cousas, e en ningún intre apropiandome das traducións.

O periodista dixome que ía falar con outra xente, e mencionou expresamente
a Trasno. Non sei se vos chamou ou non, ou se chamou a xente dos guls. Eso
xa non está do meu control (como tampouco o está a redación nin o
coñecemento que o fulano teña da materia).


> É agora unha declaración persoal, allea a calquera dos meus roles no
> eido do
> S.L. e que cadaquén a interprete como queira, se se fai unha letura
> excluinte benvida sexa, así terei claro que quen a faga tamen é
> excluinte.
> Coas CIF, si, Con que só sabe abandeirarse no traballo alleo, ou sexa,
> con
> Suso Baleato, NON
>

Ti mesmo.

Eu seguirei tirando do barco, tentando crear unha plataforma para ser
utilizada por quen quixer, autoxestionada, sen lideres, onde todos teñan
voz, e aberta a quen quixer participar, mantendo ao tempo cada quen o seu
terruño (é perfectamente compatibel).

Saude. Alexandre Prieto

Responderlle a