Ola.

Suxerindo máis cousas anque creo que imposibles. Na ETSE, nun sondeo que se 
fixo así a alguns alumnos, parece que o que lles interesaría que estivera 
traducido ou para traducir serían dous ides:

o eclipse ou o netbeans.

Pero nos vimos un dos dous, no seu momento, é inabordable, Fran dixo que era 
moi tocho e so a parte da interface gráfica, sen contar a documentación e os 
plugins. Pero como xa dixen eu, algún día se terá que comezar e pouquiño a 
pouco andase o camiño.

Unha aperta.

----- Mensaje original -----
De: "Enrique Estevez" <keko en ousli.org>
Para: g11n en mancomun.org
Enviados: Lunes, 30 de Marzo 2009 21:21:25 GMT +01:00 Amsterdam / Berlín / 
Berna / Roma / Estocolmo / Viena
Asunto: Re: [G11n] que traducimos no obradoiro da xgn?

Ola a tod en s.

Con respecto o da tradución do VirtualBox, pois levamos traducido un 40% máis 
ou menos, vai con calma e agora non temos moito tempo. Creo que voltaremos a 
pornos con el para a semana que ven. O bo que ten é que se poden ver os 
resultados no momento, simplemente compilando os ts a formato qm ou qt (non o 
sei agora seguro) e colocandoos no cartafol correspondente.

Leva tempo, xa que hai que ver no programa a que se refire cada cousa. A 
tradución ao castelán está moi incompleta, polo menos fai un mes cando 
comezamos máis ou menos. O programa que estamos empregando é o qt linguist. Se 
vedes que vos interesa nos podemos pasar os fontes e a memoria que vamos 
xerando, en formato qhrc (creo que é asi), pero é un coñazo o de xerar esa base 
de datos. Temos que moito traballar nel e depurar a base de datos xerada co que 
se leva traducido máis o do iTALC. Vos diredes?

O tema do elgg, polo que sabía e que acabo de comprobar, xa está traducido, 
polo menos algunha versión. Pasovos o sitio web e datos do grupo que o fixo. É 
un grupo de investigación da universidade de santiago de compostela, chamase 
stellae e tamén teñen traducidos entre outros o squeak. Traballan con bastante 
software libre e teñen ata repositorio para as traducións. A última vez que 
falei con eles non sabía esto, senon puiden comentarlles algo do g11n, estamos 
a tempo, poden ser un grupo interesante, anque tamén traballan con software non 
libre.

http://stellae.usc.es/pietic/news.php?item.33.1

http://stellae.usc.es/pietic/download.php

Con respecto a tradución do R, pois moi interesante. Nos xa plantexamos a súa 
tradución por aquí, nun obradoiro de tradución que se vai levar a cabo na ETSE, 
en colaboración coa CNL (Comisión de Normalización Lingüística) da ETSE e co 
SNL (Servizo de Normalización Lingüística) da USC. A ver que se traduce 
finalmente. A Oficina, teno como un posible proxecto cando teñamos máis tempo, 
pero adiante, nos facemos o que podemos, pero estaríamos encantados, como xa 
dixemos noutro correo. Temos que ofrecer software libre a comunidade 
universitaria e en galego.

O ARGO UML taméns sería interesante ou o gvSIG e algún outro pequeniño como 
pode ser o Meld (un diff gráfico que eu emprego moito para ver as diferencias 
entre documentos). Non sei como andan os típicos de software científico, como 
poden ser octave, o gnuplot, o sagemath, etc, ...

Unha aperta.

----- Mensaje original -----
De: "Leandro Regueiro" <leandro.regueiro en gmail.com>
Para: g11n en mancomun.org
Enviados: Lunes, 30 de Marzo 2009 18:25:28 GMT +01:00 Amsterdam / Berlín / 
Berna / Roma / Estocolmo / Viena
Asunto: Re: [G11n] que traducimos no obradoiro da xgn?

>>> VirtualBox estao traducindo a OSL da USC,  vamos Keko e Fran; supoño que
>>> non lles faltará moito.
>>>
>>> Algúns dos que comentas si que están parcialmente traducidos.
>>>
>>> Tamén pode ser de interese a tradución de aplicacións douspuntocero como
>>> o xestor de tarefas Remember the milk, que non está completo en galego e
>>> faise directamente vía web (digo por ver todas as posibilidades)
>>> http://www.rememberthemilk.com/?hl=gl
>>
>> Xa postos podemos ver de traducir o Facebook, pero preferiria
>> centrarme en cousas que se poidan traducir cos programas que usamos a
>> miúdo.
>>
>> Iso si, o Virtualbox igual teria sido interesante. Por certo, atopei
>> info sobre a tradución de R, o programa de estatística, que pode que
>> lle interese traducilo a algunha das OSL dado que creo que o comezan a
>> usar nalgúns sitios...
>
> Si é unha boa proposta, o contorno de estatística R non ten equipo de
> tradución ao galego e penso que unha OSL sería o ideal.
>
> http://developer.r-project.org/TranslationTeams.html

Ou varias :) Non teñen por que pelexarse, polo que vin hai sitio para todos.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro
_______________________________________________
G11n mailing list
G11n en mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
_______________________________________________
G11n mailing list
G11n en mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

Responderlle a