2009/11/25 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>:
>>> Ola,
>>> acabo de ver hai un anaco que actualizaron o arquivo que hai en
>>> http://ghicho.iespana.es/ incluíndo máis ficheiros e para tocar as
>>> narices cambiándolle os nomes.
>>>
>>> Aínda así en dez minutiños arranxei o script de creación da base de
>>> datos que xa tiña e xa está rulando outra vez, agora con máis datos. O
>>> script de consulta non cambiou nada, e segue as mesmas instruccións
>>> que xa puxen noutra mensaxe anterior e que vou copiar aquí embaixo
>>> para non vos marear:
>>>
>>>> Envíovos unha nova versión que permite indicar as consultas como
>>>> exactas ou inexactas. É dicir con
>>>>
>>>> ./script --fuzzy tab
>>>>
>>>> obtéñense tódolos resultados tal como se obtiñan antes, só que é
>>>> bastante máis lento agora. Co exemplo este obterianse todas as
>>>> entradas que teñan algunha tradución en inglés que conteña tab: table,
>>>> executable, database, portable...
>>>>
>>>> Ca opción nova:
>>>>
>>>> ./script --exact tab
>>>>
>>>> só se obteñen as entradas que teñen algunha tradución en inglés que
>>>> conteña "tab" e "tab" non forma parte de ningunha palabra con máis
>>>> caracteres. Devolveria "tab order", "tab", "next tab" pero non
>>>> "tabulation" nin nada diso.
>>>>
>>>> Lembrade que se pode consultar por frases, con ambos modos:
>>>>
>>>> ./script --exact database manager applet
>>>>
>>>> buscaria os resultados usando a cadea "database manager applet".
>>
>> Importante, non me lembrei de borrar a liña esa que puxen para incluír
>> unha copia do glosario de Marce, e que sobra do ficheiro de creación
>> da base de datos a non ser que consigades o ficheiro dende
>> http://websvn.kde.org/*checkout*/trunk/l10n-kde4/gl/terms.tbx e lle
>> cambiedes o nome polo nome que está no código do script en Python.
>> Outra opción é directamente eliminar a liña conflitiva, pero igual a
>> Marce non lle gusta :)
>
> Ola de novo.
> Envío a última versión dos scripts para poder xerar a base de datos
> incluíndo o TBX da wiki de Mancomún e o do glosario de openSuse. Vai
> no anexo.

Inclúo novas versións dos dous scripts para poder importar TBX que
usen a etiqueta para abreviaturas e para que inclúa os dous últimos
TBX: os dos borradores de guías de estilo da OSLUDC e de Xusto A.
Rodríguez Río e Xosé A. Rubal López.
------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome     : scripts_para_crear_e_consultar_bd_glosarios_version6.tar.gz
Tipo       : application/x-gzip
Tamaño     : 5380 bytes
Descrición: non dispoñible
Url        : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20091204/6280919e/attachment.bin
 

Responderlle a