2009/8/7 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>:
> 2009/8/7 Antón Méixome <meixome en mancomun.org>:
>>
>> Na tradución da axuda de openOffice aparécenos a necesidade de traducir a
>> tecla "Command" dos teclados para a plataforma de hardware MAC. Corresponde
>> co signo que se ve a ambas bandas nesta imaxe.
>>
>> http://www.planetamac.es/wp-content/uploads/2006/12/teclado.jpg
>>
>> A miña dúbida é se se debe localizar ou non o nome desta tecla específica de
>> Mac.
>>
>> Para resumir, porque os manuais de localización de Mac non dan unha
>> instrución clara:
>>
>> - deixalo como "Command", en inglés, xa que é unha tecla específica dun
>> produto concreto, non estándar
>> - adaptalo do teclado Mac español (que é o que van ter os usuarios de
>> oo.org) onde si aparece como "Comando"
>>
>> Considero pouco usábel unha localización como «orde» malia que si se
>> esteamos a aplicar sistematicamente a tradución de "command" como «orde». En
>> portugués, por exemplo parece que non se traduce formalmente e os usuarios
>> galegos habituais parece que lle chaman "manzanita", en plan informal.
>>
>> Propoño a tradución como «Tecla Comando» da mesma maneira que cando se trata
>> de "Bloq Mayús" (Caps lock) a localizamos como "Bloq Maiús".
>
> Eu penso que dado que a maioría da xente vai ter como referencia o Mac
> en español, xa que os de Apple non están interesados para nada no
> galego, proporía traducilo como se lle chame en castelán, ou se é
> necesario adaptalo un chisco. Outra razón máis abaixo.
>
> Por outra banda eu sigo sen ver claro o de traducir command como orde,
> e por exemplo no digalego xa aceptan command=comando
> http://www.digalego.com/diccionario/Html/index.php?op=ver&id=16324

Esquecerame, dende o meu punto de vista, sexa correcto ou non, o feito
de que comece a aparecer en dicionarios é algo.

Ata logo,
                     Leandro regueiro

Responderlle a