2009/8/21 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>

> 2009/8/20 Antón Méixome <meixome en mancomun.org>:
> >
> > Como lles chamamos ?
> >
> > Sería de interese ter estabilizados os nomes dos signos máis habituais no
> > teclado. Xa sei que a cousa se pode complicar ata o extremo cando falamos
> de
> > ortotipografía. Creo que interesa cando menos ter o nomes do signos do
> > teclado para efectos de localización.
> >
> > Signos de puntuación ortográfica
> >
> > {} chaves
> > () parénteses
> > [] corchetes
> > ' acento agudo
> > ' apóstrofo
> > , coma (tm. vírgula)
> > / barra oblicua
> barra
>
> > \ barra inversa
> contrabarra, barra invertida
>
> > espazo (en branco)
> > · punto medio
> > espazo insecábel (tm. espazo sen quebra, duro, fixo … aquí hai un
> problemas
> > de estabilidade)
> > . punto
> > … puntos suspensivos (un só carácter)
> > ; punto e coma
> > : dous puntos
> > ! signo de exclamación (xa non se debe considerar o de apertura)
> > ? signo de
> interrogación
>
> > - trazo de unión
> > – guión de separación
> > ¸ cedilla
> > ˚ superíndice
> > ~ til
> vírgula?? os meus compañeiros chamábanlle doutro xeito, pero non me
> vou poñer agora a remexer en megas de ficheiros que teño gardados
> daquela época...
>
> > ¨ tremá
> diérese
>
> > ^ circunflexo
> circunfrexo??
>
>
>
> > Símbolos tipográficos
> >
> > @ arroba
> > & ampersand
> > * asterisco
> > | barra vertical (tm. ¦)
> > # cadrado
> número, almohadilla...
>
> > № número
> > ° grao [pero ℃ grao Celsius (en contraste con 3.ºC "terceiro C")]
> > ′ ″ ‴ horas, minutos, segundos
> > § parágrafo
> > ¶ caldeirón
> non era isto o salto de liña??

De ser sería antígrafo, o de caldeirón non o critíco porque non sei de onde
deven ese nome, ainda que estes signos están tomados da grafía musical, pero
nestra grafía (a musical) o caldeirón e outro  (∩̣)


>
> > _ guión baixo
> > «» comiñas
> pero despois de todo acéptase o de comiñas??
>
> > Símbolos matemáticos
> >
> > + máis
> > − menos
> > ± máis-menos
> > × multiplicación (e non x )
> > ÷ división (ou / )
> > = ≠ igualdade, desigualdade
> > % tanto por cento, porcentual (‰ tanto por mil)
> > ² cadrado
> > ³ cubo
> > µ micro
> > < > maior/menor que (tm. ángulos e non comiñas)
> > $ dólar
>
>
> Ata logo,
>                      Leandro Regueiro
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>



-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_minino en conf.jabberes.org
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090821/c3160010/attachment.htm
 

Responderlle a