Óscar García Amor escribiu:
> On Mon, 13 Oct 2008 12:33:51 +0200
> mvillarino <mvillarino en gmail.com> wrote:
> 
>>>  O primeiro [..] que o ten algo claro.
>> Non o teño eu tanto, cando un detalle de implementación chega á interface...
> 
> Por iso digo que "parece que o teñen claro" xDDDD
> 
>> É realmente necesario que sirva para interpretar un contido mime?
>> Quero dicir, normalmente un plugin é un "cómputo" que se integra con
>> outro "cómputo" através dunha interface concreta (a api), e que polo
>> xeral é un binario executábel que ven na linguaxe da máquina.
>> Dito doutro xeito: eu teño plugins no ordenador que o que fan é
>> engadir unha funcionalidade, pero non adicionan soporte para un
>> contido en concreto. Por exemplo, no ktorrent o plugin de procuras, e
>> outros.
>> No caso que descrebes, o termo "plugin" tería sido especializado por
>> Mozilla para o uso nos seus produtos.
> 
>   Claro, eu falo no caso concreto de Firefox, noutros produtos pois xa 
> depende un pouco da peña que o programe, sei de casos nos que comezaron 
> chamandolle extensión, logo lle chamaron módulo e agora lle chaman plugin. A 
> verdade e que usanse coma sinónimos.
> 
>   Penso (IMHO) que o mellor e sempre respetar a forma orixinal, de tal forma 
> que se eles lle chaman plugin pois nos o deixamos como plugin, se lle poñen 
> module, pois módulo... E asi evitamos problemas de mala interpretación pola 
> localización.
> 

Só que plugin non é tradución, é deixar sen traducir. Ademais non se 
adapta á grafía galega.

Este tema falámolo intensamente en trasno para quedar en:

  add-on

  1. n.m. complemento

  complement

  1. n.m complemento

  extension

  1. s.f. extensión (recomendada)
  2. s.m. engadido

  plug-in

  1. n.m. engadido (recomendada)
  2. n.f. extensión



>   Saúdos.
> 
> 
> 
> ------------------------------------------------------------------------
> 
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

Responderlle a